miniatura|dereita|300px|Obra que representa o primeiro contacto que tiveron os gweagal co Capitán James Cook e a súa tripulación nas costas de Nova Gales do Sur. A historia dos indíxenas de Australia comezou hai 65 000 anos cando os aborixes australianos poboaron Australia. Os aborixes eran cazadores-recolectores seminómades cunha forte conexión espiritual coa terra, a auga e os animais. Cada grupo desenvolveu habilidades adaptada á área na que vivían, cunha significativa diversidade de grupos.

A orixe dos pobos indíxenas australianos é materia de debate e conxectura. Crese que pertencían ás primeiras migracións humanas fóra de África. Malia que puideron migrar cara a Australia atravesando o sueste asiático non están relacionados con ningunha poboación de Asia ou da Polinesia. Existen evidencias de intercambios xenéticos e lingüísticos entre os aborixes australianos no norte cos pobos austronesios da Illa de Nova Guinea, mais pode ser o resultado dun intercambio comercial e mestizaxe recente.Jared Diamond. (1997). Guns, Germs, and Steel. Random House. Londres. pp 314–316

No momento da chegada dos primeiros europeos, estímase que vivían en Australia entre 315 000 e 750 000 persoas, aínda que tamén hai estimacións que consideran a cifra de 1,25 millóns. Unha poboación acumulada de 1600 millóns de persoas puideron vivir en Australia ó longo dos 70 000 anteriores á chegada dos colonizadores británicos. As rexións máis densamente poboadas eran as mesmas rexións costeiras que son as máis poboadas no presente. A comezos de 1900 críase que a poboación indíxena de Australia estaba preto da extinción. A poboación minguou dende 1 250 000 en 1788 até só 50 000 en 1930; isto debeuse en parte á exposición que sufriron a doenzas como a varíola.D. Hopkins, Princes and Peasants, Chicago, 1983, p. 207; Judy Campbell, Invisible Invaders: Smallpox and Other Diseases in Aboriginal Australia 1780–1880, Melbourne, 2002, pp. 10, 39–50

Despois da colonización, as poboacións costeiras indíxenas foron absorvidas, eliminadas ou deportadas das súas terras. Porén aspectos tradicionais da cultura e do estilo de vida aborixe resistiron fortemente en áreas como o Gran Deserto Areoso onde apenas existía presenza europea. A meirande densidade de poboación atopábase nas rexións meridionais e orientais do continente, especialmente no val do río Murray. Porén, os aborixes australianos mantiveron as súas comunidades en toda Australia, dende as frías e húmidas terras altas de Tasmania até as máis áridas zonas do interior do continente. Por iso, as súas tecnoloxías, dietas e prácticas de caza variaron segundo as características da xeografía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Australian Institute of Aboriginal, and Torres Strait Islander Studies. The encyclopaedia of Aboriginal Australia: Aboriginal and Torres Strait Islander history, society and culture Ed. David Horton. (2 Vol. Aboriginal Studies Press, 1994). Craven, Rhonda. Teaching Aboriginal Studies: A practical resource for primary and secondary teaching (Allen & Unwin, 2011). Flood, Josephine. The original Australians: Story of the Aboriginal people (Allen & Unwin, 2006). Gammage, Bill. The Biggest Estate on Earth: How Aborigines Made Australia (2011). Gerritsen, Rupert. Australia and the Origins of Agriculture (2008). Isaacs, Jennifer. Australian dreaming: 40,000 years of Aboriginal history (New Holland Publishing Australia Pty Ltd, 2006). Lourandos, H. Continent of Hunter-Gatherers: New Perspectives in Australian Prehistory (1997) Reynolds, Henry. The other side of the frontier: Aboriginal resistance to the European invasion of Australia (UNSW Press, 2006). Stone, Sharman N., ed. Aborigines in white Australia: a documentary history of the attitudes affecting official policy and the Australian Aborigine, 1697-1973 (Heinemann Educational Publishers, 1974). Williams, E. Complex Hunter-Gatherers: A Late Holocene Example from Temperate Australia (1988).

Categoría:Historia de Australia