Kolinda Gravar-Kitarović, nada o 29 de abril de 1968 en Rijeka, Iugoslavia, é unha política croata, que foi presidenta de Croacia de 2015 a 2020.
Formación Como estudante de secundaria, entrou nun programa de intercambio de estudantes e aos 17 anos trasladouse aos Álamos, Novo México, (Estados Unidos) onde se graduou en 1986; de volta en Croacia estudou na Universidade de Zagreb, onde se graduou en 1992 con licenciaturas en inglés, castelán e literatura.
Fala croata, inglés, castelán e portugués e entende o alemán, o francés e o italiano.
Carreira En 1992, Gravar-Kitarović converteuse en asesora do Departamento de Cooperación Internacional do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. En 1993 incorporouse á Unión Democrática Croata, un partido conservador. En 2003 era designada ministra de Asuntos exteriores, pero en 2005, este ministerio fusionouse con outro e foille asignado o cargo de Ministra de Asuntos Exteriores e Europeos. O 8 de marzo de 2008 converteuse en embaixadora de Croacia nos Estados Unidos.
De 2011 a 2014 foi a subsecretaria xeral de diplomacia pública na OTAN.
Polémicas En 2010 produciuse un escándalo na embaixada croata nos Estados Unidos cando se descubriu que Jakov Kitarović, o marido de Kolinda Gravar, utilizaba un vehículo oficial para fins privados. Como contrapartida, en 2018 viaxou ó Mundial de Rusia pero non só pagando do seu propio peto a pasaxe e os gastos da viaxe, senón que se descontou do seu salario os días que pasou en Rusia.
Presidencia Na primeira rolda das eleccións presidenciais do 21 de decembro de 2014 Kolinda Gravar-Kitarovic gañou 38,5% os votos, en segundo lugar figurou Ivo Josipović quen recibiu o 37,2 %, mentres que Senčić e Kujundžić, os dous candidatos seguintes, gañaron o 16,4% e o 6,3% dos votos respectivamente. Dado que ningún candidato obtivo máis do 50% dos votos, unha segunda volta estaba prevista entre os dous principais candidatos, Josipović e Gravar-Kitarović.
A segunda volta tivo lugar o 11 de xaneiro de 2015, ese día resultou Gravar-Kitarović electa polo 50,7% dos votos. O 19 de febreiro de 2015 asumiu como a primeira muller presidente de Croacia. Pertencía ao partido conservador Unión Democrática Croata, pero tivo que renunciar debido a que o cargo de presidenta non é compatíbel con cargos ou militancia nalgún partido.
Kolinda Gravar-Kitarovic co presidente polaco Andrzej Duda son os iniciadores e fundadores da Iniciativa Tres Mares.
En xaneiro de 2020 perdeu as eleccións presidenciais contra o candidato do Partido Socialdemócrata, Zoran Milanović.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Presidentes de Croacia Categoría:Nados no condado de Primorje-Gorski Kotar