A Universidade de Cidade do Cabo (University of Cape Town, UCT) é unha universidade pública localizada en Cidade do Cabo, na provincia de Cabo Occidental, en Suráfrica. Foi fundada en 1829 como South African College, e é a universidade máis antiga do país. A lingua de instrución é o inglés.
Historia
A UCT ten a súa orixe no establecemento do South African College en 1829 como unha escola masculina. En 1874 as South African College Schools, onde se impartía até o ensino secundario, separáronse da Universidade. En 1918 o South African College foi elevada a estado universitario co poder de outorgar graos, e renomeado como Universidade de Cidade do Cabo.
Alumnado destacado Cinco persoas graduadas na Universidade recibiron o Premio Nobel:
Ralph Bunche, científico, político e diplomático estadounidense, gañou o premio Nobel da Paz en 1950 pola súa función no armisticio árabe-israelí de 1949. Max Theiler, virólogo surafricano de ascendencia suíza, gañou o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1951 polo desenvolvemento dunha vacina contra a febre amarela. Allan McLeod Cormack, físico surafricano, recibiu o Nobel de Medicina en 1979. Aaron Klug recibiu o Premio Nobel de Química en 1982. John Maxwell Coetzee recibiu o Premio Nobel de Literatura en 2003.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Estatuto da Universidade de Cidade do Cabo, Government Notice No. 1199, 20 de setembro de 2002 .
Categoría:Universidade de Cidade do Cabo