O Estadio de Kaliningrado (en ruso: Калининградский стадион), tamén coñecido como Arena Baltika (Арена Балтика), é un estadio de fútbol ruso da cidade que lle dá nome, Kaliningrado. Este estadio albergou catro partidos da fase de grupos do Mundial de Fútbol Rusia 2018. É o campo do FC Baltika Kaliningrado da Liga Premier de Rusia. Ten capacidade para 35.015 espectadores. Foi construído para a disputa do Mundial por mor de que o outro estadio da cidade (Estadio Baltika) non tiña suficiente capacidade, era demasiado antigo e non estaba ben situado para un evento de tan grande magnitude.

O estadio está situado nunha illa no interior do curso do río Pregolia, ás aforas da cidade de Kaliningrado. Por ese motivo, os deseñadores buscaron un aspecto para a construción que harmonizara coa contorna.

Ao estar localizado no Óblast de Kaliningrado, pequeno enclave ruso no Mar Báltico, fixo que este fose o estadio da Copa Mundal de Fútbol 2018 máis próximo á Unión Europea e ao Espazo de Schengen, a tan só uns 45 quilómetros da fronteira con Polonia.

Mundial de Fútbol Rusia 2018 DataLocalRes.VisitanteRoldaAsistencia16 de xuño de 2018 2 - 0 Grupo D31.13622 de xuño de 2018 1 - 2 Grupo E33.16725 de xuño de 2018 2 - 2 Grupo B33.97328 de xuño de 2018 0 - 1 Grupo G33.973

Notas

Categoría:Estadios de fútbol de Rusia Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 2018 Categoría:Kaliningrado