Milton Sigmund Palacio, nado o 7 de febreiro de 1978 nos Ánxeles, California, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que actualmente é o director de desenvolvemento de xogadores da Universidade de Idaho. Con 1,93 metros xogaba na posición de base.
Traxectoria deportiva Durante a súa carreira de sete anos na NBA, de 1999 a 2006, Palacio xogou para os Vancouver Grizzlies, Boston Celtics, Phoenix Suns, Cleveland Cavaliers, Toronto Raptors e Utah Jazz, facendo 4.8 puntos por encontro. Tras unha boa tempada en Utah, Palacio converteuse en axente libre e asinou cos Seattle SuperSonics, pero foi cortado pouco antes do comezo da tempada regular. Así comezou a súa etapa en Europa, cando asinou co KK Partizan serbio.
O 22 de agosto de 2011, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en ACB.com Perfil en Eurobasket.com
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores dos Vancouver Grizzlies Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do Kavala BC Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores dos Piratas de Quebradillas Categoría:Xogadores do Bnei Herzliya Categoría:Xogadores do BC Lietuvos Rytas