Patricia McFadden, nada en 1952 é unha feminista radical africana, socióloga, escritora, editora e educadora de Eswatini.Spelman College: Cosby Chairs É unha activista e académica que vén traballando no movemento anti-aparheid nos últimos vinte anos. McFadden tamén traballou dentro dos movementos de mulleres africanos e a nivel mundial. Como escritora sufriu persecución política. Foi editora da Southern African Feminist Review e de African Feminist Perspectives. Nos últimos tempos ensina e traballa internacionalmente en prol dos dereitos das mulleres. McFadden foi profesora na Universidade Cornell, no Spelman College, na Universidade de Syracuse e no Smith College dentro dos Estados Unidos. Tamén traballa como "asesora en feminismo", apoiando as mulleres na construción de espazos feministas institucionalmente sostibles dentro de Suráfrica.

Traxectoria Estudou na Universidade de Botswana e Eswatini ciencia política e da administración, e conta con dous minor en economía e socioloxía. Realizou un mestrado en socioloxía na Universidade de Dar es Salaam . Doutorouse na Universidade de Warwick no Reino Unido en 1987.

Traballou como responsable de programas no Southern African Regional Institute for Policy Studies (SARIPS) en Zimbabwe, de 1993 a 2005.Traballou como editora da revista Southern African Feminist Review de 1995 a 2000. Prestou os seus servizos como decana internacional na Universidade Internacional das Mulleres (International Women’s University, IFU) de 1998 a 2000 en Hannover. Tamén foi docente no Mestrado en políticas sociais (MPS) xestionado por SARIPS durante sete anos. Ocupou o posto de profesora adxunta na Universidade de Syracuse en Zimbabwe e posteriormente na sucursal de Syracuse en Nova York como membro do departamento de estudos afroamericanos.

As principais áreas sobre as que escribe son: sexualidade, saúde sexual e reprodutiva por unha banda e tamén sobre identidade, violación e cidadanía en relación ás mulleres africanas. Vén presentando numerosos artigos nas universidades, conferencias e seminarios internacionais (en Noruega, Suecia, Dinamarca, Suráfrica, Ghana, Djibuti, Kenya, Uganda, Brasil, China, Alemaña, Etiopía e o Reino Unido entre outros.

Obras

"Becoming Postcolonial: African Women Changing the Meaning of Citizenship" - 2005. "Challenging HIV and AIDS: Resistance and Advocacy in the Lives of Black Women in Southern Africa" "War Through a Feminist Lens" "Between a Rock and a Hard Place: Positioning Feminism in the ‘Africa Debate,’ and ‘Patriarchy'" "Sexuality and Globalization" "Gender in Southern Africa: A Gendered Perspective" (Sapes Books)- 1998 "Reflections on Gender Issues in Africa" (Sapes Books) - 1999 "Reconceptualizing the Family in a Changing Southern African Environment" xunto a Sara C. Mvududu (Africa Institute of South Africa), 2001.

Premios e recoñecementos Premio Dereitos Humanos Hellman/Hammett en 1999

Notas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Profesores da Universidade Cornell Categoría:Escritores de Eswatini Categoría:Feministas de Eswatini Categoría:Nados en Eswatini