María Teresa González Fernández, nada en Xixón o 28 de novembro"Cañas destaca que la escritora María Teresa González es una "luchadora" y un ejemplo de compromiso con el asturiano" EuropaPress, 5 de maio de 2008 de 1950 e finada na mesma cidade o 23 de maioNecrolóxica El País, 25 de maio de 1995 de 1995, foi unha escritora asturiana.
Traxectoria Nada na parroquia de Tremañes do concello de Xixón. Con dezasete anos entrou como aprendiz na empresa de aplicacións eléctricas CRADY; e alí seguiu a traballar ata o seu peche en 1987. Canda o seu marido, Vicente García Oliva, foi unha das fundadoras do núcleo xixonés de Conceyu Bable en 1975. Escribiu os seus primeiros poemas arredor de 1984 e gañou diversos concursos literarios aparecendo a súa poesía en diferentes publicacións periódicas.
En 1987 publicou o seu primeiro libro, a escolla poética Collaciu de la nueche, e con 37 anos principiou a estudar auxiliar de clínica nun centro de formación profesional, logo traballou nun centro de atención de discapacitados psíquicos e como coidadora do Inserso"La Selmana de María Teresa González". La Nueva España, 6 de maio de 2008. En 1993 apareceu o seu terceiro poemario Heliocentru e en 1994 o seu primeiro e único libro de relatos La casa y otros cuentos. Faleceu en Xixón en 1995 logo dunha longa enfermidade.
Está representada en diferentes escolmas, como poeta e mais como narradora: Antoloxía poética del Surdimientu (1989), El secretu de la lluvia (1992), La patria de la piel (1992), Antoloxía del cuentu asturianu contemporaniu (1994), Muyeres que cuenten (1995) e Les muyeres y los díes de la poesía asturiana contemporánea (1995). En 1996, o Ateneo Obrero de Xixón deu ao prelo a súa poesía completa, na colección «Tiempu de cristal». Foi colaboradora habitual das revistas Lletres Asturianes e Lúnula. En 2008 a XXIX Selmana de les Lletres Asturianes estivo dedicada á súa obra e con ese motivo a editorial Trabe publicou as súas obras completas.
Obra Collacio de la nueche. — ed. autor, 1987 Ochobre. — Azucel: Avilés, 1989 Con húmedos lamentos de felino. — Sociedad Cultural Gesto: Xixón, 1990 (premio Cálamo de poesía erótica, en castelán) Heliocentru. — La Currimanxa: Turón, 1991. (2ª ed. Academia de la Llingua Asturiana: Uviéu, 1993) La casa y otros cuentos. — Trabe: Uviéu, 1994 Poesía completa. — Atenéu Obreru: Xixón, 1996 Mª Teresa González. Obras completas Trabe: Uviéu, 2008 Notas
Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Poetas en lingua castelá