Maruxa é un telefilme rodado en Galicia, dirixido por Juan de Orduña e estreado en 1969. Trátase dunha adaptación para Televisión Española de Maruxa, a ópera do compositor catalán Amadeu Vives, sobre un libreto de Luis Pascual Frutos.
Argumento Maruxa e Pablo son dous pastores namorados que viven felizmente ata que un día chega Rosa, a dona do lugar e leva a Maruxa como criada para separala de Pablo, de quen tamén ela está namorada. Mentres, Antonio, noivo de Rosa, cheo de celos, tenta namorar a Maruxa. Pero o capataz Rufo intercede e fai que os pastores se volvan atopar e desbarata os plans de Rosa e Antonio.
Elenco
Actores
María José Alfonso como Maruxa Ramón Pons como Pablo Paca Gabaldón como Rosa Rafael Guerrero como Antonio José María Prada como Rufo
Voces
Dolores Pérez Cayuela como voz de Maruxa. Luis Sagi Vela como voz de Pablo. Josefina Cubeiro como voz de Rosa. Julio Julián como voz de Antonio. Chano Gonzalo como voz de Rufo.
Produción O filme foi rodado na provincia de Lugo, nas inmediacións do concello de Láncara. As voces que se escoitan non son as dos actores, senón que se utilizaron as dunha gravación de EMI dese mesmo ano dirixida por Federico Moreno Torroba.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán). Ficha do filme en IMDb (en inglés).
Notas
Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes musicais