O pilro anano (Calidris minutilla) é a ave costeira máis pequena, de aí o seu nome (do latín medieval minutilla, 'moi pequeno').

Descrición

Ten patas verdosas e curtas e peteiro fino e escuro. Os adultos reprodutores son marróns con liñas marrón escuras na parte superior e brancos pola parte inferior. Teñen unha liña clara sobre o ollo e unha parte superior da cabeza escura. En inverno son grises na parte superior. Os individuos novos teñen padróns máis vistosos na parte superior con coloración avermellada e liñas brancas.

Esta especie pode ser difícil de distinguir doutras aves costeiras diminutas similares. En particular, o pilro anano é moi similar á especie correspondente asiática, Calidris subminuta, da cal se diferencia pola súa aparencia máis compacta con pescozo máis curto, dedas máis curtas, ter cores algo máis apagados e unha barra na á máis forte.

Reprodución e migación O seu hábitat reprodutor son os lamazais e a tundra do norte de Norteamérica. Aniña no chan preto da auga. A femia pon catro ovos nunha depresión pouco profunda escavada no chan forrada con herba e musgos. Ambos os pais incuban; a femia abandona o niño antes de que as crías emplumen e ás veces mesmo antes de que eclosionen os ovos. As crías aliméntanse por si mesmas e poden voar ás dúas semanas de vida.

Migran en bandadas ao sur dos Estados Unidos, México, América Central, o Caribe e norte de Suramérica. Aparecen como aves errantes moi raras en Europa occidental.

Alimentación Aliméntase en chairas de barro, petirando a comida que ven, e ás veces sondando co peteiro. Comen principalmente pequenos crustáceos, insectos e caracois.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Jonsson, Lars & Peter J. Grant (1984) Identification of stints and peeps British Birds 77(7):293-315

Ligazóns externas

An online identification article covering this species and other small calidrids at surfbirds.com Least sandpiper species account - Cornell Lab of Ornithology Least sandpiper - Calidris minutilla - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter Least sandpiper photos at Oiseaux.net

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1819