Elvira Santiso García, nada en Betanzos en 1872 e finada en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1961,La Noche, 10-10-1961, p. 2. foi unha pintora e mestra galega.
Traxectoria Moi nova marchou coa súa familia a Compostela, onde viviu ata a súa morte. Formouse na Escola da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, con profesores como José María Fenollera e Mariano Tito Vázquez. Traballou como mestre particular na sociedade da que fora alumna e fixo traballos por encarga.
Algúns dos títulos dos seus cadros son: A ceboleira, Ao carón do lar, Botando un cigarro, Carmeliña, Claustro del Sar, La bordadora, La cena del campanero, Mondando patatas, No muíño, O pé do cruceiro, O tío Xan e Oración. miniatura|Santiso participou na Exposición de Arte Galega de 1926 Fixo exposicións en diferentes certames, en Compostela, A Coruña, Vigo, Ferrol ou Vilagarcía de Arousa, mais tamén fóra do país, en Madrid, Bos Aires ou Montevideo.
Hai obras súas no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e no Castelo de Santiago de Sanlúcar de Barrameda, Cádiz.
Recoñecementos No curso 1888-1889 conseguiu unha medalla de Prata por Adorno en Debuxo Natural. No curso 1889-1890 logrou outra medalla de prata por unha copia dun xeso. Obtivo un diploma de colaboración na Exposición Rexional de 1896, celebrada en Lugo. En 1906 logrou unha mención Honorífica na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid. Medalla de ouro na Exposición Rexional de 1909, celebrada en Santiago de Compostela. Medalla de Afonso X o Sabio en recoñecemento ao seu labor docente.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Compilación de bibliografía sobre a autora en pintoresgallegos.com
Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1872
Categoría:Finados en 1961 Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Pintores de Galicia do século XX