Mateo Míguez Adán, nado o 11 de maio de 1987 en Redondela é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista, actualmente xoga no Coruxo FC.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo debutando co equipo filial no ano 2006. Co Celta de Vigo B chegou a disputar 114 encontros converténdose nun xogador fundamental do equipo durante os seus anos nel e disputando algún encontro co primeiro equipo celeste pero sen acadar continuidade, polo que fichou pola SD Ponferradina no ano 2013. Co equipo do Bierzo acadou o ascenso a Segunda División no ano 2011. Un ano despois fichou polo CD Guadalajara, pero rematou a tempada xogando no Coruxo FC.
No ano 2015 fichou polo PK35 Vantaa da segunda división finesa pero volveu a Coruxo o rematar a tempada.
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1987 Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do CD Guadalajara Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do PK35 Vantaa