Playlife é unha empresa de moda con sede en Treviso, Italia. A empresa é propiedade da familia Benetton e é a marca deportiva do fabricante de roupa.
Playlife puxo o seu nome á subministración de motores dos automóbiles Benetton de Fórmula 1 de a . Osmotores de Playlife foron unha serie de motores producidos polo fabricante francés Mecachrome, quen asumira no ano a responsabilidade de prover de impulsores, ás escuderías de Fórmula 1 que ata o ano 1997 foran motorizadas por Renault Sport.
Este termo, aplicouse a partir do ano 1998 na desaparecida escudería Benetton Formula, para rebautizar aos impulsores entregados por Mecachrome, a fin de diferenciar os impulsores desta escuadra, con respecto ás demais que comezaban a ser motorizadas por Mecachrome. O termo Playlife, xurdiu a partir do nome dunha subsidiaria do Grupo Benetton, propietaria da escudería e o mesmo sería proposto polo director de equipo de Benetton, Flavio Briatore.
A provisión directa de motores por parte da Mecachrome suspenderíase no ano 1999, cando grazas a un acordo celebrado entre esta e a firma Super Performance Engineering, propiedade de Briatore, comezarían a producirse e desenvolverse os motores que levarían o nome de Supertec, cos cales comezaría a proverse de impulsores ás escuadras Williams F1, Benetton Formula e Arrows, asumindo a empresa de Briatore a exclusividade na provisión dos motores, en substitución de Mecachrome. No caso de Benetton, os motores novamente recibirían a redenominación Playlife.
Existiron dous modelos de motores que levaron o nome de Playlife, sendo o primeiro deles o Mecachrome GC37-01, que foi utilizado en , mentres que desde ao , foi rebautizado como Supertec FB01, tendo un versión potenciada chamada FB02. Todos estes impulsores, estaban baseados no antigo motor V10 Renault RS9, que había equipado ás escuderías Williams F1 e Benetton Formula ata o ano .
Malia non gañar ningunha carreira, con estes motores Benetton alcanzaría unha boa cantidade de podios, situándose case sempre como a cuarta escudaría en potencial, por detrás de Ferrari, McLaren e Williams F1.
A produción e provisión destes motores finalizou no ano , logo do retorno de Renault Sport como fornecedor oficial de motores de Benetton, preparando o seu regreso como escudaría a partir de .
Resultados completos no Campionato Mundial de Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Anor Equipo Chasis Motor Pneum. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos. Mild Seven Benetton Benetton B198 Playlife (Mecachrome) GC37-01 3.0 V10 AUS BRA ARX SMR ESP MON CAN FRA RU AUT ALE HUN BEL ITA LUX XPN335º Giancarlo Fisichella Ret 6 7 Ret Ret 2 2 9 5 Ret 7 8 Ret 8 6 8 Alexander Wurz 7 4 4 Ret 4 Ret 4 5 4 9 11 16 Ret Ret 7 9 Mild Seven Benetton Benetton B199 Playlife (Supertec) FB01 3.0 V10 AUS BRA SMR MON ESP CAN FRA GBR AUT ALE HUN BEL ITA EUR MAL XPN166º Giancarlo Fisichella 4 Ret 5 5 9 2 Ret 7 12 Ret Ret 11 Ret Ret 11 14 Alexander Wurz Ret 7 Ret 6 10 Ret Ret 10 5 7 7 14 Ret Ret 8 10 Mild Seven Benetton Benetton B200 Playlife (Supertec) FB02 3.0 V10 AUS BRA SMR RU ESP EUR MON CAN FRA AUT ALE HUN BEL ITA USA XPN MAL204º Giancarlo Fisichella 5 2 11 7 9 5 3 3 9 Ret Ret Ret Ret 11 Ret 14 9 Alexander Wurz 7 Ret 9 9 10 12 Ret 9 Ret 10 Ret 11 13 5 10 Ret 7
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Rebautízote co nome de... (Historia das redenominacións de motores máis históricas da Fórmula 1) Diario Motor - 16-08-2015
Categoría:Escuderías de Fórmula 1