A calidina é unha cinina bioactiva formada en resposta a lesións nos tecidos a partir de precursores cininóxenos por medio da acción de calicreínas.

A calidina é un decapéptido cuxa secuencia é H-Lys-Arg-Pro-Pro-Gly-Phe-Ser-Pro-Phe-Arg-OH. Pode converterse en bradicinina pola acción dun encima aminopeptidase. En realidade, a calidina é idéntica á bradicinina, pero cun residuo de lisina adicional no extremo N-terminal e sinaliza tamén a través do receptor de bradicinina.

Pode ser un substrato para as carboxipeptidases M e N.

Notas

Categoría:Péptidos Categoría:Sistema cinina-calicreína