Michael Wiwchar, nado o 9 de maio de 1932 en Komarno (Canadá), é un relixioso católico ucraíno, bispo de Chicago entre 1993 e 2000, e bispo de Saskatoon entre 2000 e 2008. Traxectoria Naceu nunha familia grecocatólica o 9 de maio de 1932 en Komarno, unha aldea hoxe parte do concello rural de Armstrong, en Manitoba. O 27 de setembro de 1953 profesou como membro da Congregación do Santísimo Redentor, facendo os votos solemnes o 27 de setembro de 1957.
O 28 de xuño de 1959 foi ordenado sacerdote polo tamén redentorista Maksym Hermaniuk, entón arcebispo de Winnipeg.
O 2 de xullo de 1993 foi nomeado bispo de San Nicolao de Chicago. Recibiu a consagración episcopal o 28 de setembro de mans do metropolita de Filadelfia Stefan Sulyk.
O 20 de novembro de 2000 foi nomeado bispo de Saskatoon, aínda que permaneceu tamén como administrador apostólico de Chicago até o 25 de marzo de 2003. Retirouse o 2 de maio de 2008.
Notas
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Manitoba Categoría:Bispos católicos do Canadá Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Relixiosos católicos do Canadá Categoría:Redentoristas