O Metropolitans 92 é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Levallois-Perret (Illa de Francia). Actualmente compite na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local no Palais des sports Marcel Cerdan, un pavillón con capacidade para 4.000 espectadores. Fundado no ano 2007 co nome de Paris-Levallois Basket, os seus maiores éxitos son un tíulo de Copa e outro do Match des Champions (Supercopa), ambos conseguidos en 2013.
Historia O club foi fundado no ano 2017 a raíz da fusión do Paris Basket Racing, equipo posuidor de catro títulos de liga da cidade de París, o Levallois Sporting Club Basket, de Levallois-Perret, un municipio da periferia da capital francesa. O club, que foi bautizado co nome de Paris-Levallois Basket, mantén toda a historia e títulos do Paris Basket Racing e o Levallois Sporting Club Basket. O club comezou a súa andaina na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto galo, porén, en 2008 descendeu á LNB Pro B tras finalizar penúltimo na liga. O club volveu á máxima categoría en tan só un ano e desde aquela permanece nela. O seu mellor ano foi o 2013 cando conseguiron os títulos de campión de Copa e da Supercopa. O 5 de xullo de 2017, o equipo directivo decide mudar o nome do club a Levallois Metropolitans. O 4 de xullo de 2019, o ex-xogador da NBA Boris Diaw foi nomeado novo presidente do club, sucedendo a Jean-Pierre Aubry. Ese mesmo ano o club adopta un novo nome, Metropolitans 92.
Palmarés Copa de Francia Campións (1): 2013 Supercopa de Francia Campións (1): 2013
Temporada por temporada AnoNivelLigaCopaSupercopaEuropa2007–081 Pro A 15º Fase de 32 2008–092 Pro B1º Rolda de 16 2009–101 Pro A 7º Fase de 32 2010–111 Pro A 13º Rolda de 16 3 EuroChallenge 2011–121 Pro A 6º Fase de 32 Cuartos de final2012–131 Pro A 12ºCampión Semifinalista 3 EuroChallenge 2013–141 Pro A 6º Cuartos de final Semifinais 2 Eurocup 2014–151 Pro A 11º Rolda de 16 2015–161 Pro A 14º Rolda de 16 2016–171 Pro A 3º Rolda de 16 2017–181 Pro A 10º Semifinalista 2 Eurocup 2018–191 Pro A 12º Semifinais 2019–201 Pro A 4º Cuartos de final 2020–211 Pro A 6º Cuartos de final 2 Eurocup 2021–221 Pro A 3º Cuartos de final 2 Eurocup
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia