A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en sete campus na Coruña —A Mestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Oza, Bastiagueiro e Oleiros (estes dous no concello de Oleiros)— e un en Ferrol.
A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia, como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñaría de Deseño Industrial, Enxeñaría Naval e Oceánica, Podoloxía, Socioloxía ou Xestión Industrial da Moda.
Historia miniatura|Entrada do reitorado da Universidade da Coruña, na Mestranza A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989 coa aprobación da Lei 11/1989 do 20 de xullo. O seu claustro constituínte aprobou en 1992 os estatutos e o primeiro programa universitario..
Alumnado Desde a súa fundación, a Universidade da Coruña mantivo nos seus campus e centros adscritos un alumnadoo superior ou próximo aos vinte mil, co máximo nos inicios dos anos 2000. Desde a década de 2010, o alumnado foi diminuíndo. A evolución do alumnado foi a seguinte:Desde o curso académico 07/08 contáronse as matrículas en graos e titulacións non adaptadas ao EEES, en posgraos e en programas de doutoramento.
Facultades e escolas Centros na Coruña miniatura|dereita|250px|Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, situada no Campus da Zapateira (A Coruña).
Centros propios Escola Técnica Superior de Arquitectura Escola Universitaria de Arquitectura Técnica Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos Facultade de Ciencias Facultade de Ciencias da Comunicación Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Ciencias da Saúde Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física Facultade de Dereito Facultade de Economía e Empresa Facultade de Filoloxía Facultade de Fisioterapia Facultade de Informática Facultade de Socioloxía Facultade de Turismo
Centros adscritos Escola Universitaria de Relacións Laborais Escola Universitaria de Enfermaría
Outros centros Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE)
Centros en Ferrol Escola Politécnica de Enxeñaría Escola Universitaria de Enfermaría e Podoloxía Escola Universitaria de Deseño Industrial Facultade de Ciencias do Traballo Facultade de Humanidades e Documentación Centros de investigación Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC) Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial. Unidade mixta de investigación (ITMATI)
Bibliotecas A rede de bibliotecas da Universidade da Coruña conta con 17 espazos repartidos entre os campus ferroláns e coruñeses e un servizo central no Edificio Xoana Capdevielle no Campus de Elviña, amais dunha biblioteca dixital. En 2005 abriuse o repositorio da Universidade da Coruña, no que hai catalogadas obras producidas na universidade e dixitalizadas.
Campus de Ferrol Biblioteca da Escola Politécnica Superior Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín
Campus da Coruña miniatura|Biblioteca Casa do Patin Campus de Esteiro Universidade da CoruñaBiblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos Biblioteca da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica Biblioteca da Facultade de Ciencias Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física Biblioteca da Facultade de Dereito Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa Biblioteca da Facultade de Filoloxía Biblioteca da Facultade de Informática Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Administración Reitoría A máxima autoridade da Universidade da Coruña ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.
É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. Ten un mandato de catro anos con posibilidade de reelección.
José Antonio Portero Molina (1989–1990) José Luis Meilán Gil (1990–2003) José María Barja Pérez (2004–2011) Xosé Luís Armesto Barbeito (2011–2015) Xulio Abalde (2016-2024)
Ricardo Cao (2024-)
Vicerreitorías As Vicerreitorías coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico baixo a autoridade da reitoría. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes: Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte Vicerreitoría de Economía e Planificación Estratéxica Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade Vicerreitoría de Investigación e Transferencia Vicerreitoría de Profesorado Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social Secretaría Xeral
Normalización lingüística En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade. Este recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega, tal e como establecen os seus estatutos. Este Plano veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005. A través del, a UDC debe pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución. Cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa.
Entre outras medidas recollidas no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. Respecto ás materias, a UDC quere lograr que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Universidade
Ligazóns externas Páxina oficial da Universidade da Coruña Plano de normalización lingüística da UDC Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Categoría:Universidade da Coruña