O bosque dos raposos aforcados (en ) é unha novela do escritor finlandés Arto Paasilinna do ano 1983.

En 2006 foi traducida ao galego por Tomás González Ahola e publicada pola editorial Rinoceronte, sendo o primeiro libro que se traduce do finés ao galego. Foi reeditado en 2018.

Argumento Oiva Juntunen é un ladrón finlandés que consegue roubar varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. Mentres os seus cómplices están na cadea, el leva unha vida de luxo e sen reparar en gastos. Cando estes saen e lle van reclamar a súa parte, Juntunen decide fuxir co botín á Laponia finlandesa. A pesar do recóndito do seu agocho, coñece a Remes, un militar alcólico co que acabará facendo boas migas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro na páxina de Rinoceronte Editora

Categoría:Obras literarias de 1983 Categoría:Novelas en finés Categoría:Obras traducidas do finés ao galego Categoría:Rinoceronte Editora