Ramón Antonio Artola Larrañaga, nado en Tolosa o 31 de agosto de 1831 e finado en Donostia o 20 de agosto de 1906, foi un poeta vasco.
Traxectoria Fillo de María Antonia Larrañaga Ganuza e de Antonio Artola Etxeberria, era o fillo máis novo dos cinco que tivo a parella e recibiu, como era costume na época, o nome dun irmán anterior que nacera morto. Casou a finais de 1858 con Manuela Elizetxea Altzelai, natural de Donostia, e o matrimonio instalouse na localidade natal dela. Tiveron dous fillos Rosario e Pepe, tamén poetas. Traballou como fontaneiro e pintorTellería Tapia, Mikel Gotzon (2011) Enciclopedia General de Tolosa. Zazpiko Kultur Elkartea, p. 115. Socio fundador en 1870 da Unión Artesana presidiuna en 1884José María Sada (2002) Historia de la ciudad de San Sebastián a través de sus personajes. Alberdania, 2002, p. 53. Foi voluntario liberal durante a terceira guerra carlista e defendeu a cidade do asedio carlista a Donostia, coincidindo entre outros con Bilintx ou Serafin Baroja.
Obra miniatura|384x384px|Debuxo de Victoriano Iraola no número 13 da revista El Thun Thun (17 de xuño de 1894) Os seus primeiros poemas publicounos no Cancionero Vasco de José Manterola e logo continuou a publicar ao longo da súa vida na prensa, principalmente en Euskal-Erria. Tamén escribiu moitas letras de cancións para as comparsas donostiarras.
Xa postumamente publicouse o seu primeiro, foi en 1909 Gipuzkoa-ko Probintziaren kondaira laster bat Españiako beste zenbait pasarterekin. Itz neurtuzko moldaeran e en 1961 Antonio Zavala publicou unha selección da súa obra, Sagardoaren graziya ta beste bertso asko. Nos dous volumes de Ipuiak edo kontutxoak recolléronse os seus contos e fábulas en verso"Artola Larrañaga, Ramón". Auñamendi Eusko Entziklopedia.
Libros
Gipuzkoa-ko Probintziaren kondaira laster bat Españiako beste zenbait pasarterekin. Itz neurtuzko moldaeran (1909, J. Baroja) Sagardoaren graziya eta beste bertso asko (1961, Auspoa) Ipuiak edo kontutxoak I (1995, Auspoa) Ipuiak edo kontutxoak II (1995, Auspoa) Sagardoaren graziya II (2003, Gipuzkoako Foru Aldundia) Notas
Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Poetas en lingua éuscara Categoría:Poetas do País Vasco Categoría:Nados en Tolosa, España