A tempada 2018-2019 da División de Honra B é a vixésimo primeira edición da segunda división do rugby en España. Organizada pola Federación Española de Rugby, é por quinto ano seguido o único nivel intermedio entre a máxima competición nacional, a División de Honra, e as diversas ligas rexionais de cada federación autonómica.

Formato de competición A liga regular está composta por 22 xornadas, nas que cada equipo xoga contra tódolos rivais do seu grupo dúas veces, unha como anfitrión e outra como visitante. Ó remate da tempada regular levarase a cabo a fase de ascenso, na que terán dereito a competir oito equipos: os dous primeiros equipos de cada grupo e os dous terceiros que teñan máis puntos na liga. A fase de ascenso consiste en eliminatorias directas con encontros de ida e volta (cuartos de final, semifinais e final). O gañador da final será o único equipo que acade o ascenso directo, mentres que o outro equipo finalista aínda terá a oportunidade de ascender nunha eliminatoria de promoción na que se enfrontará ó penúltimo equipo da máxima categoría. Fase de liga regular Grupo A

Grupo B

Grupo C

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos División de Honra de Rugby 2018-2019 Liga Galega de Rugby 2018-19

Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2018 Categoría:Rugby en 2019