Cefdinir é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. En Estados Unidos foi comercializado baixo o nome de Omnicef. Na Unión Europea non foi comercializado.

Espectro de acción Cefdinir posúe actividade fronte a bacterias grampositivas: Staphylococcus aureus, Streptococcus pyogenes e Streptococcus pneumoniae. Tamén posúe actividade fronte a gramnegativas: Haemophilus influenzae, Haemophilus parainfluenzae e Moraxella catarrhalis. Presenta actividade in-vitro (non avaliado en estudos clínicos) fronte Staphylococcus epidermidis, Streptococcus agalactiae, Streptococcus grupo viridans, Citrobacter diversus, Escherichia coli, Klebsiella pneumoniae e Proteus mirabilis. Non posúe actividade fronte Pseudomonas nin Enterobacter.

Indicacións clínicas Nos Estados Unidos está aprobado para a pneumonía comunitaria, bronquite aguda, sinusite, farinxite por S. pyogenes e infección de pel e partes brandas.

Dosificación Soamente existe formulación oral. A dose habitual oscila entre 300 ou 600 miligramos ao día (nunha ou dúas tomas). A dose debe axustarse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado menor de 30).

Embarazo e lactación Cefdinir está na categoría B da FDA de emprego de fármacos durante o embarazo. Cefdinir non se excreta no leite materno polo que se pode empregar durante a lactación.

Interaccións Sales de aluminio A administración conxunta de cefdinir e antiácidos baseados en sal de aluminio, reduce os niveis do antibiótico, polo que se debe separar polo menos 2 horas a toma.

Probenecid De forma semellante a outros antibióticos, probenecid dificulta a eliminación renal de cefdinir, elevando os niveis plasmáticos.

Suplementos de ferro oral A administración conxunta reduce os niveis de cefdinir. Debe separarse 2 horas a toma.

Efectos secundarios Habitualmente de curta intensidade e duración. Destacan as molestias gastrointestinais, as náuseas e a diarrea.

Notas

Categoría:Antibióticos