Quiscalus mexicanus é unha especie de ave paseriforme da familia Icteridae orixinario de América do Norte e do Sur. Está estreitamente relacionado co Quiscalus major e o Quiscalus palustris.
Descrición Amosa dimorfismo sexual, xa que os machos miden até 43 cm de lonxitude (cunha cola case tan longa coma o corpo), pesan 230 g, e son negros cun lustre iridescente. As femias son máis pequenas; miden até 33 cm de lonxitude, pesan 125 g, e son marróns. O seu canto é unha mestura de sons fortes e estridentes. Son moi exitosos e intelixentes, quen de abrir bolsas e caixas de cartón en busca de comida. Adoitan escorrentar especies máis pequenas e defenden os seus niños agresivamente emitindo un estalo de alarma que alerta os demais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Johnson, K., e B. D. Peer. 2001. Great-tailed Grackle (Quiscalus mexicanus). En The Birds of North America, Núm. 576 (A. Poole e F. Gill, eds.). The Birds of North America, Inc., Filadelfia, PA.
Categoría:Aves de América Central Categoría:Aves de Colombia Categoría:Aves de México Categoría:Aves dos Estados Unidos de América Categoría:Animais descritos en 1788