Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente é unha revista ecoloxista galega, a única revista de medio ambiente que se edita en galego.

Editada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a súa sede está en Santiago de Compostela. Comezou a editarse en 1986 co nome de ADEGA até que, no número 6, en 1993, adoptou o nome de Cerna. Cerna é a designación na lingua galega da parte central do tronco das árbores e, en xeral, do contido esencial ou miolo das cousas.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Ligazóns externas Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente.

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Ecoloxismo