O mar de Botnia (, ) enlaza a Baía de Botnia co propio Báltico. Kvarken sitúase entre os dous. Xuntos, o Mar e a Baía de Botnia compoñen unha entidade xeográfica máis grande, o Golfo de Botnia, onde o Mar de Botnia é a parte meridional. Todo o Golfo de Botnia está situado entre Suecia, ao oeste, e Finlandia, ao leste e ao mar de Åland e ao mar do arquipélago ao sur. A superficie do mar de Botnia é de aproximadamente 79.000 km. As principais cidades costeiras, de sur a norte, son Rauma e Pori en Finlandia, e Gävle e Sundsvall en Suecia. Umeå (Suecia) e Vaasa (Finlandia) están no extremo norte, preto da baía de Botnia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Golfo de Botnia Baía de Botnia

Ligazóns externas

Categoría:Mar Báltico