Lamb of God é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Richmond, Virxinia. Formada no ano 1994 como Burn the Priest, o grupo está composto polo baixista John Campbell, o batería Chris Adler, o vocalista Randy Blythe, e os guitarristas Mark Morton e Willie Adler. A banda está considerada un importante membro do movemento new wave of American heavy metal.

Dende a súa formación Lamb of God editou oito álbums de estudio, un álbum ao vivo, un recompilatorio e tres DVDs. Durante toda a súa carreira a banda vendeu case dous millóns de discos só nos Estados Unidos, onde ten un álbum certificado ouro pola RIAA. En 2010 e 2011 o grupo foi nomeado nos premios Grammy por cancións do seu traballo de 2009 Wrath. En 2016 foron nomeados novamente pola súa canción "512". Lamb of God xirou co Ozzfest dúas veces e dende 2008 ata 2010 formou parte da World Magnetic Tour de Metallica.

Discografía Álbum Ano Selo Notas Burn the Priest 1999 Legion Records como Burn the Priest New American Gospel 2000 Prosthetic Records, Metal Blade Records As the Palaces Burn 2003 Prosthetic Records, Black Market Activities Ashes of the Wake 2004 Epic Records, Prosthetic Records Sacrament 2006 Epic Records, Prosthetic Records Wrath 2009 Epic Records, Roadrunner Records Resolution 2012 Epic Records, Roadrunner Records VII: Sturm und Drang 2015 Epic Records, Nuclear Blast Legion: XX 2018 Epic Records, Nuclear Blast como Burn the Priest Lamb of God 2020 Epic Records, Nuclear Blast Omens2022Epic Records, Nuclear BlastInto Oblivion2026Epic Records, Century Media Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Virxinia Categoría:Grupos musicais de groove metal Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais formados en 1994