Brian Lloyd Roberts, nado o 3 de decembro de 1985 en Toledo, Ohio, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 1,88 metros xoga na posición de base.

Traxectoria profesional O 16 de agosto de 2012, Roberts asinou cos New Orleans Hornets da NBA. En abril de 2013, os Hornets cambiaron o seu nome a New Orleans Pelicans.

O 23 de xullo de 2014, Roberts asinou cos Charlotte Hornets.

O 16 de febreiro de 2016, Charlotte traspasou a Roberts ós Miami Heat, nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós Memphis Grizzlies. Dous días máis tarde, o 18 de febreiro, foi traspasado de novo, desta vez ós Portland Trail Blazers.

O 7 de xullo de 2016, Roberts asinou de novo cos Charlotte Hornets.

O 23 de xullo de 2017, Roberts asinou un contrato de dous anos co Olympiacos BC grego.

O 13 de xullo de 2018, Roberts asinou un contrato dunha tempada polo Unicaja Málaga da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com Perfil en ACB.es Perfil en Eurobasket.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Toledo, Ohio‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores do Brose Baskets Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do CB Málaga