I Can Hear the Heart Beating as One é o oitavo álbum da banda estadounidense de indie rock Yo La Tengo, publicado o 22 de abril de 1997 a través do selo Matador Records. Foi producido por Roger Moutenot e expande o pop baseado en guitarras do seu traballo anterior, Electr-O-Pura, para abarcar unha maior variedade de xéneros, como bossa nova, krautrock e música electrónica. A meirande parte das cancións tratan sobre emocións melancólicas e van dende baladas curtas e fráxiles ata disonancias de longa duración.
Tras o seu lanzamento o álbum chegou ao número 19 da lista Billboard's Heatseekers Albums, convertémdose no primeiro disco de Yo La Tengo en entrar nas listas. Tes temas do traballo, "Autumn Sweater", "Sugarcube" e a versión "Little Honda", publicáronse como sinxelos. O álbum en xeral foi aclamado pola crítica que eloxiou a habilidade da banda para expandir con éxito os límites de case calquera estilo de pop. É amplamente considerado un dos mellores traballos do grupo e é incluído con frecuencia en listas dos mellores álbums de distintas publicacións. No ano 2010 a revista Rolling Stone situouno no número 86 da súa lista dos 100 mellores álbums dos 90.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Yo La Tengo Categoría:Álbums musicais de 1997 Categoría:Álbums de Matador Records