Marilyn Pauline "Kim" Novak, nada en Chicago o 13 de febreiro de 1933, é unha actriz estadounidense. Considerada un símbolo sexual da época dourada de Hollywood, retirouse da interpretación en 1966, aparecendo a partir de aí só esporadicamente, como nun papel na popular serie de televisión Falcon Crest.TV Guide, 5 de marzo de 2013: Reclusive Film Legend Kim Novak Opens Up About Life, Regrets and Her TCM Tribute Religado o 20 de xuño de 2014
Traxectoria Primeiros anos Novak naceu en Chicago en 1933, filla de Joseph e Blanch (de solteira Kral) Novak, ambos de orixe checa. O seu pai, que fora profesor, era funcionario municipal de tráfico, e a súa nai era traballadora nunha fábrica. Foi criada como católica.
Asistiu ao William Penn Elementary, ao Farragut High School, e ao Wright Junior College. Recibiu dúas bolsas para a School of the Art Institute of Chicago, e durante as vacacións de verán do seu último semestre no junior college, Novak realizou unha xira como modelo dunha compañía de refrixeradores en espectáculos de venda.
Uns anos despois, Novak realizou diversos traballos intentando atopar o seu camiño para o futuro. Traballou como ascensorista, empregada nunha tenda e axudante dun dentista, mais nada lle satisfizo, polo que volveu á profesión de modelo, que ela mesma consideraba que desempeñara ben. Marchou aos Ánxeles para buscar sorte como modelo nesa cidade. Comezou a traballar e un directivo dos estudios RKO ofreceulle un papel moi pequeno nun filme de 1954. A pesar de que o papel era insignificante, un axente fixouse nela e conseguiulle unha proba de cámara nos estudios Columbia, da que resultou un primeiro contrato de seis meses.
Salto á fama Dende o principio da súa carreira, quixo ser orixinal e non outro estereotipo. Por ese motivo, enfrontouse co xefe da Columbia, Harry Cohn, sobre o cambio do seu nome, xa que sendo o seu nome real Marilyn, o estudio decidiu cambialo para evitar comparacións entre Novak e Marilyn Monroe. Cohn suxeriu o nome "Kit Marlowe", discutindo que "ninguén vai ver unha moza cun nome polaco!",En inglés, "Nobody's gonna go see a girl with a Polack name!" mais ela insistiu en conservar o seu nome dicindo "son checa, pero polaco ou checo non importa, é o meu nome!".En inglés, "I'm Czech, but Polish, Czech, no matter, it's my name!" Os dous acordaron finalmente empregar o nome de "Kim Novak" como compromiso. Tomou unhas clases de interpretación, que o estudio non quixo pagar, e Novak apareceu ese mesmo ano de 1954 no seu primeiro filme, Pushover, con Fred MacMurray. Aínda que a súa actuación non foi digna de mención, os críticos e as audiencias fixáronse no seu atractivo físico e na expresividade dos seus ollos, de xeito que uns meses despois volveu actuar noutro filme, Phffft! (1954), con Jack Lemmon.
Novak comezou a ser popular a raíz destes dous filmes e recibía gran cantidade de escritos de admiradores e admiradoras. Despois do seu seguinte filme, rodado en 1955 e que tamén resultou un éxito, chegou a súa grande oportunidade con Picnic, que protagonizou con William Holden e que foi un éxito rotundo. Novak convertérase nunha actriz e fixo unha interpretación excelente, igual que Holden. Dende entón sucedéronse as súas aparicións como protagonista en filmes coprotagonizados por actores famosos, como Frank Sinatra en Pal Joey e The Man with the Golden Arm ou James Stewart en Vertixe.
Últimos anos no espectáculo Logo de rodar The Amorous Adventures of Moll Flanders en 1965, Novak decidiu retirarse do cinema por un tempo, e volveu tres anos despois con The Legend of Lylah Clare, que foi un fracaso. A pesar diso, puido escoller os seus papeis nos debido á súa enorme popularidade entre o público, que a consideraba unha das actrices máis atractivas do cinema. Non obstante, os filmes en que actuou nos anos seguintes non foron éxitos, polo que se foi orientando cara á televisión, aproveitando as oportunidades que se lle ofrecían neste medio de participar en proxectos de maior calidade ou con maiores perspectivas de audiencia. Por exemplo, actuou na serie Falcon Crest como personaxe fixa durante a sexta temporada no papel de Kit Marlowe, faltando unicamente en media ducia de episodios na parte central da temporada por problemas persoais. Foi idea de Novak nomear a personaxe co nome artístico que Columbia quixera que empregase cando comezou no negocio.
En 1977 rodó con Charles Bronson The White Buffalo, en 1979 Just A Gigolo (con Marlene Dietrich e David Bowie) e en 1980 participou en The Mirror Crack'd, adaptación dun relato de Agatha Christie con outras estrelas como Angela Lansbury, Elizabeth Taylor, Tony Curtis ou Rock Hudson. En 1991 participou no seu último filme para a gran pantalla, Liebestraum, baixo a dirección de Mike Figgis, con quen tivo unha tensa relación durante a rodaxe.
Trala súa retirada da interpretación, Novak só fixo aparicións públicas ocasionais, e rexeitou a maioría das ofertas que recibiu.
Vida persoal Novak casou co actor Richard Johnson. O matrimonio durou 13 meses, do 15 de marzo de 1965 ao 23 de abril de 1966. Os dous seguiron a ser amigos despois do divorcio. Na década de 1960, Novak abandonou Hollywood por Big Sur, onde criou cabalos e dedicouse á pintura. En 1974 coñeceu ao seu segundo marido, o veterinario equino Robert Malloy, cando o chamou por mor dunha indisposición dun dos seus cabalos. Casaron o 12 de marzo de 1976, converténdose na madrasta dos dous fillos xa adultos de Malloy.CNN, 5 de xaneiro de 2004: Larry King Live: Interview With Kim Novak (transcript) Religado o 20 de xuño de 2014
En 1997, Novak comprou un rancho de 43 acres en Sams Valley, Oregón, que converteron no seu fogar.Mail Tribune, July 25, 2000: Kim Novak's home burns Religado o 20 de xuño de 2014 Novak tomou clases de pintura con pasteis dos artistas Harley Brown e Richard McKinley. En xullo de 2000, o seu fogar ardeu e perdeu todos os seus cadros e o único esbozo da súa autobiografía en que estivera traballando durante dez anos.
Filmografía AnoFilmePersonaxeNotas1953The French LineModelo 1954PushoverLona McLanePhffft!JanisGlobo de ouro á debutante máis prometedora19555 Against the HouseKay GreylekPicnicMarjorie 'Madge' OwensGlobo de ouro á nova estrela do anoCandidata ao premio da BAFTA á mellor actriz estranxeiraThe Man with the Golden ArmMolly1956The Eddy Duchin StoryMarjorie Oelrichs Duchin1957Jeanne EagelsJeanne EagelsPal JoeyLinda English1958VertixeMadeleine Elster / Judy BartonNamoreime dunha bruxaGillian 'Gil' Holroyd1959Middle of the NightBetty Preisser1960PepeCameoStrangers When We MeetMargaret 'Maggie' Gault 1962The Notorious LandladyCarlyle 'Carly' HardwickeBoys' Night OutCathy1964Of Human BondageMildred RogersBícame, estúpidoPolly1965The Amorous Adventures of Moll FlandersMoll Flanders1968The Legend of Lylah ClareLylah Clare/Elsa Brinkmann/Elsa Campbell1969The Great Bank RobberyLyda Kebanov1973The Third Girl from the LeftGloria JoyceTelefilmeTales That Witness MadnessAuriol Pageant1975Satan's TriangleEvaTelefilme1977The White BuffaloPoker Jenny Schermerhorn1978Schöner Gigolo, armer GigoloHelga von Kaiserling1980The Mirror Crack'dLola Brewster1983MalibuBillie FarnsworthTelefilme1985Alfred Hitchcock PresentsRosaCapítulo "Man From The South"1986-1987Falcon CrestKit Marlowe16 capítulos1987Es hat mich sehr gefreut 1990The ChildrenRose Sellars1991LiebestraumLillian Anderson Munnsen
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
I Was In Life: Kim Novak Remembers (photo feature) LIFE Ligazóns externas Kim Novak en El Criticón Páxina de fans Cinefania.com Filmografía Imaxes en vídeo Kim Novak no catálogo do American Film Institute Kim Novak Official Artist Website Photographs and literature
Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1933 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Illinois Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia checa