José Rodríguez Cruz, nado na Gudiña o 29 de novembro de 1956, é un etnógrafo galego.
Traxectoria Nas súas investigacións ten recadado información sobre toponimia, refráns, cantigas, crenzas, lendas, ditos e adiviñas, contos, así como sobre o Entroido e o traxe galego, desenvolvendo esta labor na súa comarca natal e na contorna do sueste da provincia de Ourense, Tras os Montes en Portugal e Seabra na provincia de Zamora.
Entre setembro de 2000 e xuño de 2006 foi impulsor da Asociación Cultural Padroado da historia e das tradicións da Gudiña, entidade que organizou actividades culturais, un concurso escolar sobre relatos curtos no ámbito da contorna de Conso-Frieiras.O Fiadeiro. CEIP Laureano Prieto, 2005.
En 2011 era membro da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Ten realizado colaboracións co sacerdote portugués António Lourenço Fontes en traballos sobre A Raia Seca e no Congreso de Medicina Popular que el organiza en Vilar de Perdízes (Montalegre). Colaborou tamén en diversos artigos con Xesús Ferro Ruibal.
Obras Obras individuais Breve guía da Gudiña (Concello da Gudiña, 1992). Máscaras de Entroido no Sureste Ourensán (Edición de autor, 1998). A Gudiña, Historia, Arte e Natureza. (Concello da Gudiña, 2000). Guía sobre o concello da Gudiña, publicada en lingua galega. La Gudiña, Historia, Arte y Naturaleza. (Concello da Gudiña, 2000). Guía sobre o concello da Gudiña, publicada en castelán. Así falan na Gudiña (Deputación Provincial de Ourense, 2000). Terra das Frieiras, con Eligio Rivas Quintas, (Deputación Provincial de Ourense, 2002). A Gudiña: Un concello singular. Estudo etnográfico e histórico, introductorio, inmerso na obra Cantares da Terra das Frieiras, de Xosé Lois Foxo (2003). Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca. A máxica fronteira Galego-Portuguesa, con António Lourenço Fontes (Ir Indo, 2004). Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste de Ourense. Premios Antonio Fraguas, 1998, 2002 e 2003 (Deputación Provincial de Ourense, 2004). A Gudiña. Achégate a visitarnos. Descubrirás novas sensacións. Concello da Gudiña, 2005). Tríptico con información turística. Marín, terra e mar. Os mareantes e a Confraría de San Miguel, con Eligio Rivas Quintas (Deputación Provincial de Pontevedra, 2005). A Cega de Covelo. Breves pasaxes dunha vida exemplar. Estudo etnográfico e histórico, introdutorio, inmerso na obra Cantares da Cega do Covelo, de Xosé Lois Foxo (2005). Cultura e fala popular de San Ciprián de Hermisende, unha achega etnográfica e léxica para o estudo do idioma galego en áreas periféricas da nosa Comunidade.. (Deputación Provincial de Ourense. 2007). Terras do Riós. Estudo etnográfico e histórico, introductorio, inmerso na obra Cancioneiro das Terras do Riós, de Xosé Lois Foxo (2007). A festa dos Maios en Marín, xunto con Clodio González Pérez (Deputación Provincial de Pontevedra, 2014). Contos e lendas arraianos (Xerais, 2016). A Cova do Tesouro e outros relatos (Edición de autor, 2017). O Couto Mixto. Aspectos folclóricos (Laiovento, 2018).
Obras colectivas Un futuro para a lingua. (Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, 2002). Palabra por palabra. Contos da Policía (Ir Indo, 2003). Anuario da gaita, 2003, 2011, 2016. Arraianos III, primavera 2005; IV outono 2005; V primavera-verán 2006; VIII xaneiro 2008. Lethes. Cadernos Culturais do Limia 7, 2006. En galego, con toda seguridade (Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, 2007). López Gómez, F. S.; Rodríguez Cruz, X. e Fidalgo Santamariña, X. A. (2009). "As caras do Entroido das comarcas do Carballiño e o Ribeiro". En Fidalgo Santamariña, X. A. (coord.): As caras do entroido ourensán. Ourense: Deputación Provincial de Ourense/Fundación Caixa Galicia, pp. 61 – 85. Limiaxinacións. Cadernos Culturais do Limia 10, 2009.
Vilariño de Conso. Historia, etnografía e patrimonio. Ab Origine Edicións, 2025. Con Carlos Xabier Ares Pérez.
Artigos Ao longo do tempo ten publicado artigos de carácter etnográfico en diversos xornais e revistas culturais: La Región, La Voz de Galicia (A Coruña),Diario de Pontevedra, Atlántico Diario, Notícias de Barroso (Vilar de Perdízes-Portugal), El Norte de Castilla, A Tempo (Verín), O Irmandiño (Verín), Acibal (Marín), A Nosa Bisbarra (Viana do Bolo), Lethes, Arraianos, Auria etc.
Desde o ano 2008 ten realizado colaboracións no xornal mensual O Sil sobre a Festa do Entroido e logo sobre temas etnográficos relacionados co espazo fronteirizo con Portugal. Entre setembro de 2013 e maio de 2017 crea no devandito xornal a sección Crónicas Raianas, publicando artigos relacionados co espazo fronteirizo e posteriormente, no mesmo xornal crea a sección Conversas entre arraianos, cun contido etnográfico a modo de entrevista.
Premios e recoñecementos O seu labor de investigación sobre a vestimenta tradicional galega ten sido recoñecida co 1º Premio Antonio Fraguas en varias ocasións: De como os devanceiros da Gudiña (e contornas) facían a súa vestimenta tradicional (1998). A coroza. A capa máis anterga (2002). A vestimenta tradicional do pastor. Notas sobre a actividade pastoril nos derrames da Serra de Queixa (2003). Algúns exemplos da artesanía tecelá e da indumentaria de Entroido na fronteira Galego-Portuguesa (2005). Indumentaria e fala. Escolma de fraseoloxía relacionada (2010). Notas sobre vestimenta antiga e popular na zona Noroeste Peninsular. Algúns exemplos recadados de nacementos, retablos, códices, pinturas e outros. Séculos XVI, XVII, XVIII e XIX (2014).
2º Premio de investigación Raigame na edición de 2007, outorgado polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo polo traballo de investigación Cultura e fala popular de San Ciprián de Hermisende, unha achega etnográfica e léxica para o estudo do idioma galego en áreas periféricas da nosa Comunidade
Confrade de Honra da Confraría de Mareantes San Miguel de Marín, polos traballos sobre a nosa cultura, tradición e difusión (2005)
Xuíz Honorario do Couto Mixto (2009). Premio Lois Peña Novo (2011, concedido polo defensa do galego no ámbito profesional, especificamente no corpo policial e a través dos seus traballos de investigación etnográfica e antropolóxica).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xosé Rodríguez Cruz no programa Ben falado! nº 371, 22 de novembro de 2010; Léxico do traxe da montaña no programa Ben Falado! nº 387, 14-12-2010; A fala de San Ciprián de Hermisende no programa Ben Falado! nº 393, 22-12-2010.
Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1956 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Etnógrafos e folcloristas