O Certame de Poesía Francisco Añón celébrase anualmente dende 1997 no Día das Letras Galegas, convocado polo concello de Outes.

Conta con 6 categorías, clasificando as obras pola idade dos autores:

Categoría A: Nenos de 6 a 7 anos. Categoría B: Nenos de 8 a 9 anos. Categoría C: Nenos de 10 a 11 anos. Categoría D: Nenos e nenas de 12 a 14 anos. Categoría E: homes e mulleres de 15 a 17 anos. Categoría F: Maiores de 18 anos.

O galardón entrégase na Casa da Cultura municipal, e amais da dotación económica, a persoa gañadora de cada categoría ten a opción de publicar a obra.

En 2025, os premios consistían en vales para libros por valor de 150, 180, 210, 240 euros para as catro primeiras categorías e a publicación do libro. Na categoría E, o premio e unha transferencia de 480 € e a publicación e na categoría F, de adultos, un premio de 1.500 € e a publicación. Tamén se oferta un accésit, en cada categoría, que dá dereito á publicación da obra.

Gañadores Edicións Ano Obra gañadora AccésitI edición 1997 Un metal ó que chaman soidade, de Ramón Blanco Fernández Morriña, de Rita Calo Outón Respiras, de Daniel García DosilII edición 1998 Mar de ausencias, de Modesto Fraga Xurxo Alonso García III edición 1999 Pinceladas de Alba Payo FroizIV edición 2000 Emma Pedreira LombardíaEstíbaliz Espinosa Río Ramón Blanco Fernández Lucía Durán ParedesV edición 2001 Fillos da néboa, de Lucía Durán As follas da memoria, de Baldo Ramos Caderno de Donicela, de Fernando Castro A alma dos grilos, de Iván GarcíaVI edición 2002 Intraduccións, de María Arce BarreiroDaniel Salgado e Fernando Castro ParedesVII edición 2003 De porta no horizonte, de Fátima Otero RodríguezFernando Castro ParedesVIII edición 2004 Erótica, de Alberte Momán IX edición 2005 Nas aforas, de Rosa Enríquez Noya Lucía Novas GarridoX edición 2006 Rodopíos no encoro, de Paulino Peña Nas marxes do tempo, de María del Carmen Caramés GordalXI edición 2007 Ansiedade e planetas, de Cristina Ferreiro Real Con pés de la, de Alba Cid FernándezXII edición 2008 O home que falaba coas baleas, de Pablo Bouza Suárez Nas trabes da eclipse, de Alba Cid FernándezXIII edición 2009 Carne salgada, de Natalia Vázquez García Vintetrés cincuenta e nove, de Pablo Lourido FernándezXIV edición 2010 Split screen, de Olalla Tuñas Martínez Solsticio de río, de Xosé García RodríguezXV edición 2011 Manuscrito segundo da poeta caníbal, de Marisol Gándara Sánchez XVI edición 2012 Hábitat/Interferencias, de Ismael Ramos A contratempo, de Naír García AbilleiraXVII edición 2013 Andar descalza, de Arancha Nogueira XVII edición 2014 Doe tanto a túa ausencia, de Eli Ríos Milagre sin ril, de Alejandro Sande CorralXIX edición 2015 Ovella, de Lara Dopazo Ruibal Ani(vers)ario, de Vicente Vázquez VidalXX edición 2016 Deshabitar unha casa, de Míriam Ferradáns Alquimias na mente de Susana Justo BarreiraXXI edición 2017 Niño Asombrario, de Ana Belén Varela As paisaxes perdidas de Francisco Javier JardónO zapato esquerdo de madame Bovary, de Óscar García RamosXXII edición 2018 Ixinia, de Kai Lois Baltrusch Montero Spleen en catro tempos, de Arancha NogueiraXXIII edición 2019 Agora que nos roubaron, de Mariña López Varela O latente, de Iris Carro GonzálezXXIV edición 2020 Inventario de consecuencias, de Óscar García Ramos Se tivera un pau e gasolina e unha amiga, e un chisqueiro, de Bea SaiánsCL, de Manuel López RodríguezXXV edición 2021 Impostura, de Paula Antía Rey Baliña Toxicidade, de Abraham PérezXXVI edición 2022 Manuel López Rodríguez XXVII edición2023(De)catarse de Naila María GonzálezXXVIII edición 2024 O conto da leiteira, de Vicente Vázquez VidalUn día de febreiro, de Paulo VilarXXIX edición2025 Non plantaremos o millo en abril, de Víctor Pérez EstévezGrolos de ausencia e augaforte, de Patricia Torrado Queiruga

Notas

Francisco Añón Categoría:Outes Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes