Conan é unha personaxe ficticia creada por Robert E. Howard para os relatos de Conan o bárbaro. Estes relatos de Howard foron adaptados máis ou menos de maneira fiel por Marvel Comics da man do guionista Roy Thomas e o debuxante Barry Windsor-Smith. Smith foi substituído posteriormente por John Buscema, mentres Thomas seguiu escribindo durante moitos anos. Outros escritores sobre Conan o bárbaro foron Stan Le, Wally Wood, Jim Owsley (tamén chamado Christopher Priest) ou Michael Fleisher. O escritor de A espada salvaxe de Conan foi Thomas e a maior parte dos debuxos foron realizados por Buscema, Alfredo Alcala ou Gil Kane. Tamén foron adaptadas como tira de prensa dominical dende o 4 de setembro de 1978 até o 12 de abril de 1981. Ó principio escrito por Thomas e ilustrado por Buscema, despois foi continuado por outros debuxantes e escritores. Marvel abandonou a personaxe a finais de 2000.

Outros títulos Marvel sobre Conan foron Savage Tales (1971 – 1975), Giant-Size Conan (1974–1975), King Conan/Conan the King (1980–1989), Conan the Adventurer (1994 – 1995), Conan (1995 – 1996), e Conan the Savage (1995 – 1996).

Aparicións principais Título Números Datas Notas Conan the Barbarian #1 - 275 1970 – 1993 Anual #1-12 1973-1987 Savage Tales #1 - 5 1971–1975 Apareceu nos cinco primeiros tomos. Giant-Size Conan #1 - 5 1974–1975 The Savage Sword of Conan the Barbarian #1 - 235 1974–1995 Edición en branco e negro. Anual #1 1975 Conan tiras de prensa 16 historias 1978 – 1981 Handbook of the Conan Universe #1 1985 King Conan/Conan the King#1 - 551980 – 1989 O título cambiou de King Conan a Conan the King despois do tomo #19 Conan the Adventurer #1 - 14 1994 – 1995 Conan #1 - 11 1995 – 1996 Conan the Savage #1 - 10 1995 – 1996

Categoría:Personaxes da banda deseñada Categoría:Marvel Comics