Empeza o espectáculo (en ) é un filme musical estadounidense de 1979 dirixido por Bob Fosse. O guión, de Robert Alan Aurthur e Fosse, é unha semiautobiografía fantástica baseada en aspectos da vida e a carreira de Fosse como bailarín, coreógrafo e director. O filme foi inspirados polos esforzos de Fosse en editar o seu filme Lenny mentres actuaba simultaneamente no musical de Broadway Chicago. Leva o nome do tema de Kander and Ebb "All That Jazz". O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes.

En 2001, Empeza o espectáculo foi considerado "cultural, histórico ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e foi escollido para a súa preservación na National Film Registry.

Estreouse en galego o 18 de febreiro de 1989 a través da TVG.La Voz de Galicia, 12 de outubro de 1994. Páx. 79

Personaxes Roy Scheider como Joseph "Joe" Gideon Keith Gordon como Joe de mozo Jessica Lange como "Angelique" Leland Palmer como Audrey Paris Ann Reinking como Katie Jagger Cliff Gorman como Davis Newman Ben Vereen como O'Connor Flood Erzsébet Földi como Michelle Gideon David Margulies como Larry Goldie Michael Tolan como Dr. Ballinger Max Wright como Joshua Penn William LeMassena como Jonesy Hecht Deborah Geffner como Victoria Porter John Lithgow como Lucas Sergeant Jules Fisher como Jules Chris Chase como Leslie Perry Anthony Holland como Paul

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Bob Fosse Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes sobre anxos Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1979 con versión en galego