Wallis, duquesa de Windsor, rexistrada ao nacer como Bessie Wallis Warfield e máis tarde, por matrimonio, chamada Wallis Spencer e despois Wallis Simpson, nada en Blue Ridge Summit (Pensilvania) o 19 de xuño de 1896 e finada en París o 24 de abril de 1986, foi unha socialite estadounidense que, despois de divorciarse dúas veces, casou en terceiras nupcias, o 3 de xuño de 1937, co príncipe Eduardo, duque de Windsor, quen antes do seu matrimonio fora Eduardo VIII, rei do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e Emperador da India.

O pai de Wallis morreu pouco despois do seu nacemento, e Wallis, xunto á súa nai viúva, recibiu o apoio dalgúns parentes ricos. O seu primeiro matrimonio, cun oficial da Armada dos Estados Unidos, caracterizouse por varios períodos de separación e finalmente terminou en divorcio. En 1934, durante o transcurso do seu segundo matrimonio, supostamente fíxose amante de Eduardo, por entón príncipe de Gales. Dous anos máis tarde, despois da morte de Xurxo V e o ascenso ao trono de Eduardo VIII, Wallis divorciouse do seu segundo marido e Eduardo propúxolle matrimonio. O desexo do rei de contraer nupcias cunha muller que tiña dous ex-maridos vivos provocou unha crise constitucional no Reino Unido e os seus dominios, o que finalmente conduciu a que abdicase ao trono en decembro de 1936 e casase, segundo as súas propias palabras, coa "muller que amo".Windsor, duque de, páx. 413. Despois da abdicación, o antigo rei foi nomeado duque de Windsor polo seu irmán, o rei Xurxo VI. Eduardo casou con Wallis seis meses máis tarde, despois do cal ela foi coñecida formalmente como a duquesa de Windsor, sen o tratamento de A Súa Alteza Real.

Antes, durante e despois da segunda guerra mundial, moitas persoas do goberno e da sociedade sospeitaban que o duque e a duquesa de Windsor simpatizaban cos nazis. No transcurso das décadas de 1950 e 1960, a parella viviu entre Europa e os Estados Unidos, gozando dunha vida de lecer como celebridades sociais. Ao morrer o duque en 1972, a duquesa recluíuse e só de cando en vez volveu ser vista en público. A súa vida privada foi fonte de múltiples especulacións e aínda segue a ser unha figura controvertida na historia británica.

Traxectoria Primeiros anos Bessie Wallis Warfield era filla única e naceu en Square Cottage, no Monterey Inn, un hotel situado alén da estrada fronte ao Monterey Country Club, en Blue Ridge Summit, Pensilvania, Estados Unidos.Weir, páx. 328 Como centro de vacacións estival situado preto da fronteira entre Maryland e Pensilvania, Blue Ridge Summit era popular entre os membros da sociedade de Baltimore que desexaban escapar da calor da tempada, e o Monterey Inn, que tiña un edificio central e tamén cabanas individuais, era o hotel máis grande da cidade.«Baltimore in Her Centennial Year», Frank Leslie's Popular Monthly, volume 43 (Frank Leslie Publishing House, 1897), páx. 702Blue Ridge Summit é referido como «un lugar de veraneo de moda [...] entón moi frecuentado polas persoas de Baltimore» no libro de Francis F. Bierne, The Amiable Baltimoreans (Johns Hopkins University Press, 1984), páx. 118Windsor, duquesa de, páx. C-3Un anuncio do Monterrey Inn declaraba que abrían do "1 de xuño ao 1 de outubro" todos os anos. Ver: The Automobile Blue Book, volume 3 (The Automobile Blue Book Publishing Co., 1918), páx. 533Franklin P. Woodring e Suzanne K. Woodring, Pen Mar (Arcadia Publishing, 2005), páx. 21 O seu pai foi Teackle Wallis Warfield, o menor dos cinco fillos de Henry Mactier Warfield, comerciante de fariña descrito como «un dos máis coñecidos e persoalmente un dos máis populares cidadáns de Baltimore», que se postulou para alcalde en 1875.Carroll, páx. 28 A súa nai era Alice Montague, filla de William Montague, vendedor de seguros. En honra ao seu pai e á irmá máis vella da súa nai, Wallis recibiu o nome de Bessie —a señora D. Buchanan Merryman— e era chamada Bessie Wallis, ata que nalgún momento durante a súa mocidade «o Bessie perdeuse e a nena foi chamada simplemente Wallis».King, páx. 13

As datas do matrimonio dos seus pais e do seu nacemento permanecen confusas.No rexistro de pasaxeiros do buque SS France de 1924, accesible na páxina web de ellisisland.org, a súa data de nacemento dáse como o 19 de febreiro de 1892, a pesar de que a súa idade foi anotada como 28 anos. Segundo os resultados do censo de 1900, citados polo autor Charles Higham, naceu en xuño de 1895, antes do matrimonio dos seus pais (Higham, páx. 4). O autor Greg King sinalou que, aínda que a «escandalosa afirmación de ilexitimidade anima a narración da vida da duquesa», «a evidencia para apoiar isto é escasa de feito» e que «forza a credibilidade» (King, páx. 11).Higham, páx. 4 Ningún destes acontecementos parece ser rexistrado, pero as datas aceptadas polo xeral son o 19 de novembro de 1895 e o 19 de xuño de 1896, respectivamente. O seu pai morreu de tuberculose o 15 de novembro de 1896. Nos seus primeiros anos, Wallis e a súa nai dependeron da caridade do irmán rico do seu pai, Solomon Warfield Davies, presidente e fundador da Continental Trust Company. Ao principio viviron na gran casa que Solomon compartía coa súa nai, en East Preston Street, 34.Carroll, vol. 3, páx. 24–43; Higham, páx. 5; King, páx. 14–15; Windsor, duquesa de, páx. C-7O domicilio da casa de Warfield era East Preston Street, 34, citado en The Financial Red Book of America (Financial Director Association, 1905), páx. 114, así como en Michael Thornton, Royal Feud: The Queen Mother and the Duchess of Windsor (M. Joseph, 1985), páx. 19

A súa tía Bessie Merryman quedou viúva en 1901 e ao ano seguinte Alice e Wallis mudáronse á súa mansión en West Chase Street, 9 en Baltimore. Alice volveu casar en 1908 con John Freeman Rasin, Jr., fillo dun prominente membro do Partido Demócrata dos Estados Unidos.Laura Lou Brookman, Her Name was Wallis Warfield (E. P. Dutton, 1936), páx. 36 O 17 de abril de 1910, Wallis foi confirmada na Igrexa Episcopal de Cristo en Baltimore, e de 1912 a 1914, Solomon Warfield pagou pola súa asistencia a Oldfields School, a escola de nenas máis cara de Maryland. Alí trabó amizade coa herdeira Renée du Pont, filla do senador T. Coleman du Pont, da familia du Pont, e con Mary Kirk, cuxa familia fundou Kirk Silverware.Higham, páx. 12–13 Un compañeiro dunha das escolas ás que asistiu lembra: «Era brillante, máis brillante que todos nós. Tomou a decisión de ir á cabeza da clase e fíxoo». Wallis sempre estaba impecablemente vestida e metíase bastante presión para facer ben as cousas.Higham, páx. 7Higham, páx. 8

Primeiro matrimonio esquerda|miniatura|250x250px|Earl Winfield Spencer Jr., primeiro esposo de Wallis, en 1920. En maio de 1916, durante a visita que fixo á súa prima Corinne Mustin en Pensacola, Florida, Wallis coñeceu a Earl Winfield Spencer, Jr., piloto da Armada dos Estados Unidos.Higham, páx. 18 Por esas datas foi ademais testemuña de dous accidentes de aviación con aproximadamente dúas semanas de diferenza, o que lle causou un medo permanente a voar.Higham, páx. 20 O 8 de novembro de 1916, a parella casou na Igrexa Episcopal de Cristo en Baltimore, que fora a parroquia de Wallis. O seu marido era alcohólico, bebía mesmo antes de voar e unha vez estrelouse no mar pero logrou saír case ileso.Higham, páx. 23–24 Despois de que os Estados Unidos entrasen na primeira guerra mundial en 1917, Spencer foi enviado a San Diego como primeiro oficial ao mando dunha base de adestramento en Coronado, onde permaneceron ata 1920.Higham, páx. 26–28 En 1920, Eduardo, príncipe de Gales, visitou San Diego, pero non coñeceu a Wallis nesa época.Higham, páx. 29 Pouco despois, Spencer deixou a súa esposa por un período de catro meses, pero reuníronse en Washington, D.C. na primavera de 1921, aínda que pronto se separaron de novo. En 1923, cando Spencer foi enviado ao Extremo Oriente como comandante do Pampanga, Wallis quedou nos Estados Unidos e mantivo unha relación amorosa co diplomático arxentino Felipe Aja Espil.Ziegler, Philip (2004) «Windsor, (Bessie) Wallis, duchess of Windsor (1896–1986)», Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, doi:10.1093/ref:odnb/38277. Consultado o 2 de maio de 2010. En xaneiro de 1924, visitou París acompañada da súa curmá Corinne Mustin, quen acababa de enviuvar, antes de partir cara ao Oriente a bordo dun transporte para tropas.Bloch, The Duchess of Windsor, páx. 22 Os Spencer reuníronse por un breve período ata que Wallis enfermou por beber auga contaminada, despois do cal foi evacuada a Hong Kong.Higham, páx. 38

Un diplomático italiano lembrábaa do tempo que permaneceu na China: «A súa charla era brillante e tiña o costume de traer a colación o tema correcto de conversación con calquera persoa que entrase en contacto con ela e entretelos con ese tema».Higham, páx. 46 Segundo Hui lan-Koo, a segunda esposa do diplomático e político chinés Wellington Koo, a única frase que Wallis aprendeu en mandarín durante a súa estancia en Asia foi: «Mozo, páseme o champaña»

Wallis realizou un percorrido pola China e hospedouse con Katherine e Herman Rogers, quen seguirían a ser os seus amigos mentres estivo en Pequín.Higham, páx. 47 De acordo coa esposa de Milton E. Miles, un dos compañeiros do seu marido, foi alí onde Wallis coñeceu o conde Galeazzo Ciano, máis tarde xenro de Benito Mussolini e ministro de Relacións Exteriores italiano, con quen tivo un romance, como resultado do cal quedou embarazada; a consecuencia dun aborto mal practicado, perdeu para sempre a capacidade de concibir.Higham, páx. 50 Este rumor estendeuse posteriormente, pero nunca puido demostrarse, e a esposa de Ciano, Edda Mussolini, negábao. Para setembro de 1925, Wallis e o seu marido estaban de regreso nos Estados Unidos, aínda que vivían separados.Higham, páx. 50–51 A parella divorciouse finalmente o 10 de decembro de 1927.

Segundo matrimonio Para o momento en que se disolveu o seu matrimonio con Spencer, Wallis xa se involucrou con Ernest Aldrich Simpson, un angloestadounidense executivo de transporte marítimo e excapitán da Garda Coldstream.Higham, páx. 53–54 Simpson divorciouse da súa primeira esposa, Dorothea —con quen tivera unha filla chamada Audrey—, para casar con Wallis Spencer o 21 de xullo de 1928, na Oficina de Rexistro de Chelsea, Londres. Dende Cannes, onde se aloxaba cos seus amigos, o señor e a señora Rogers, Wallis telegrafáralle que aceptaba a súa proposta de matrimonio.Higham, páx. 58 dereita|miniatura|315x315px|Eduardo, príncipe de Gales, en 1932. Os Simpson instaláronse temporalmente nunha casa amoblada con catro criados en Mayfair.Higham, páx. 64 En 1929, Wallis navegou de regreso aos Estados Unidos para visitar a súa nai enferma, que nese momento estaba casada con Charles Gordon Allen. Durante a viaxe, os investimentos de Wallis fixéronse po no crack de Wall Street e a súa nai morreu sen un centavo o 2 de novembro de 1929. Wallis regresou a Inglaterra e como o negocio navieiro continuaba florecente, os Simpson mudáronse a un apartamento grande cun persoal de criados.Higham, páx. 67

A través dunha amiga súa, Consuelo Thaw, Wallis coñeceu a Lady Thelma Furness, irmá de Consuelo e nese entón amante de Eduardo, príncipe de Gales.Bloch, The Duchess of Windsor, páx. 33; Higham, páx. 68 O 10 de xaneiro de 1931, Lady Furness presentouna ao príncipe.Bloch, The Duchess of Windsor, páx. 37 Eduardo era o fillo máis vello do rei Xurxo V e a raíña María e herdeiro ao trono británico. Entre 1931 e 1934, reuniuse cos Simpson en diversas festas e Wallis foi presentada na Corte. Ernest comezaba a ter dificultades financeiras debido a que vivían fóra do alcance dos seus medios e por ese motivo tiveron que despedir o persoal.Bloch, The Duchess of Windsor, páx. 37–41; Higham, páx. 73–80

Relación con Eduardo, príncipe de Gales