Longa Marcha 4 (Chang Zheng 4 en Pinyin, e normalmente referido abreviadamente como CZ-4) é unha subfamilia de foguetes espaciais operados pola República Popular da China pertencente á familia máis grande de foguetes Longa Marcha.

Historia e características miniatura|75px|Maqueta dun Longa Marcha 4B.|esquerda O CZ-4 orixinal foi desenvolvido e é fabricado pola Academia de Shanghai de Tecnoloxía do Voo Espacial. As súas dúas primeiras etapas son basicamente as mesmas que as do Longa Marcha 3, mentres que a terceira é completamente nova. Usa dous tipos de cofia, A e B. A súa misión principal é enviar satélites a órbitas polares. A súa capacidade de carga típica é de 1650 kg a unha órbita heliosincrónica, e 4680 kg a unha órbita de 200 km de altura. Fixo o seu primeiro voo o 7 de setembro de 1988. Hai tres versións do Longa Marcha 4:

Longa Marcha 4A Longa Marcha 4B Longa Marcha 4C

Notas

Véxase tamén

Categoría:Longa Marcha (foguete)