O ácido psílico, tamén chamado ácido tritriacontanoico ou ácido ceromelísico, é un ácido graxo saturado longo de 33 carbonos.

O ácido psílico a temperatura ambiente é sólido. Íllase da cera segregada polo insecto psílido Psylla alni, parasito das árbores do xénero Alnus.Journal of the Society of Chemical Industry. Society of Chemical Industry., 1908. Tamén se illou das secrecións de Ceroplastes ceriferous e C. rubens.«LipidBank - Fatty acid(DFA0033) ». [Consultado: 14 de outubro de 2018].

Sales de álcali Os sales de álcali do ácido psílico precipitan cando se mesturan solucións alcohólicas do ácido e un hidróxido de álcali. Os sales de prata e bario poden obterse engadindo solucións acuosas de nitrato de prata e cloruro de bario a solucións alcohólicas do ácido. Analizáronse os seguintes sales: C38H65O2Na, C66H130O4Ba, e C33H65O2Ag. A cera de Psylla é hidrolizada por hidróxido de potasio alcohólico e tamén por ácido hidrobrómico.Psylla Wax. IV. Psyllic Acid and its Salts. Ernst E. Sundvik (Zeitsch. physiol. Chem., 1908, 54, 255-257. Compare Abstr., 1898, i, 617; 1901, i, 358; 190, i, 887)

Fontes nutricionais Unha das fontes deste ácido son as bagas de goji chinesas (Lycium barbarum ou Lycium chinense).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Psyllic acid at the Nature Lipidomics Gateway

Categoría:Ácidos graxos