Postal é o segundo álbum de estudio da banda galega de indie rock Chicharrón, publicado o 9 de marzo de 2016 a través do colectivo artístico Prenom. Ao igual que o seu primeiro traballo, Chicharrón, o disco foi gravado e mesturado no estudio A Ponte de Villestro por Tomás Ageitos. A masterización realizouna Ibán Pérez no estudio Terraforma no Hío.

Neste álbum participaron os membros orixinais da banda (Alberto Vecino, Diego Gende e Rubén Domínguez), ademais das dúas novas incorporacións, Mar Catarina (teclados) e Xurxo Meis (batería). Domínguez pasaríase ao baixo e ademais encargouse das tarefas de produción. Colaboraron tamén na gravación Tomás Ageitos e Mara Pérez, que posteriormente acabaría uníndose a Chicharrón.

En Postal as composicións están todas en galego, a diferenza do seu anterior disco no que están en castelán. Alberto Vecino explicou este cambio dicindo que "entre nós falamos galego, así que o son Chicharrón era máis lóxico que fose en galego". No disco tamén abandonan a sonoridade acústica da súa primeira entrega incorporando máis guitarras eléctricas.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Chicharrón Categoría:Álbums musicais de 2016