Paul Auster, nado en Newark (Nova Jersey) o 3 de febreiro de 1947 e finado en Nova York o 30 de abril de 2024, foi un escritor estadounidense. Parte da súa obra está ambientada na cidade de Nova York. Na súa mocidade traduciu poesía francesa, e foi tamén poeta antes de orientarse cara á novela. Ten traballado tamén para o cine; seus son os guións de Smoke, Blue in the Face e Lulu on the Bridge. Mentres residía en Brooklyn obtivo o Premio Médicis en 1993 pola novela Leviatán.
Traxectoria Seus pais naceran xa nos Estados Unidos, aínda que eran orixinarios da Europa Central. O seu contacto cos libros é bastante prematuro, grazas á biblioteca dun tío seu que era tradutor. Comeza a escribir aos 12 anos, antes mesmo de descubrir o béisbol, que tanto aparece nas súas novelas. Entre 1965 e 1967 estuda na Universidade de Columbia literatura francesa, italiana e inglesa. Empeza a traducir a autores franceses como Dupin e Du Buchet e viaxa a París. Volveu en 1967 para evitar ir á Guerra de Vietnam, tratará de traballar no cine a pesar de suspender o exame de ingreso ao IDHEC. Escribiu guións para películas mudas que nunca se rodaron, mais que descubriremos máis tarde na súa novela O libro das ilusións.
Durante os dez anos seguintes o traballo será duro. Escribiu artigos para revistas, comezou as primeiras versións de Viaxe de Ana Blume e dO palacio da lúa; traballa nun petroleiro, e de volta a Francia vivirá tres anos, de 1971 a 1974, grazas ás súas traducións de Mallarmé, Sartre ou Simenon; tamén escribe poesías e obras de teatro dun acto.
En 1979, xusto despois de divorciarse e de tentar sen éxito de publicar unha novela policial baixo o pseudónimo de Paul Benjamin (Bala falsa), a morte do seu pai proporciónalle unha pequena herdanza que o saca de apuros e o inspira para escribir A invención da soidade. Coñece a novelista Siri Hustvedt, coa que casa en 1981.
Comézase a recoñecer a Paul Auster entre os escritores importantes. Entre 1986 (ano no que se publica Cidade de cristal) e 1994 (Mr. Vertigo), saen do prelo novelas maiores como O palacio da lúa e Leviatán. Volve ao cine e adapta xunto ao director Wayne Wang o seu relato curto de O conto de Nadal de Augie Wren. Smoke e Brooklyn Boogie estréanse en 1995. O mesmo Auster é quen dirixe Lulu on the bridge (1997), que é mal recibido pola crítica.
Volve á novela con Tombuctú (1999), O libro das ilusións (2002), A noite do oráculo (2004) e Brooklyn Follies (2005). No ano 2006 recibe o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Un ano despois estrea a súa segunda película, The Inner Life of Martin Frost e publica o seu libro Viaxes no Scriptorium.
Obra Paul Auster é, por excelencia, o escritor do azar e da continxencia. Persegue, no cotián, as bifurcacións que nacen de acontecementos aparentemente anódinos. Isto sucede n'''A música do azar, e sobre todo en Leviatán na súa excepcional escena central. O seu estilo é aparentemente sinxelo, grazas ao seu traballo e coñecemento da poesía, mais agocha unha complexa arquitectura narrativa, composta de digresións, de historias na historia e de espellismos (O conto de Nadal de Augie Wren).
Tamén describe a perda, o apego ao diñeiro, o vagabundeo (n'O palacio da lúa, cuxa personaxe central se chama Marco Stanley Fogg, nunha especie de unión destes tres grandes viaxeiros). Cuestiónase a identidade, en especial na Triloxía de Nova York na que unha das súas personaxes que non é o narrador) se chama coma el; en Leviatán, na que o narrador ten as súas iniciais (Peter Aaron) e coñece a unha muller chamada Iris, (anagrama da súa esposa Siri), ou nA noite do oráculo, onde unha personaxe se chama Trause (anagrama de Auster).
Títulos publicados FicciónSqueeze play (1976) The New York Trilogy (1987) City of Glass (1985) Ghosts (1986) The Locked Room (1986) In the Country of Last Things (1987) Moon Palace (1989) The Music of Chance (1990) Leviathan (1992) Auggie Wren's Christmas Story (1992) Mr. Vertigo (1994). Tradución galega de Xosé Antón López Dobao (1996, Sotelo Blanco) Timbuktu (1999) The Book of Illusions (2002) Oracle Night (2004) Brooklyn Follies (2005). Tradución galega de Eva Almazán (2006, Galaxia) Viaxes no Scriptorium (2006). Tradución galega de Eva Almazán (2007, Galaxia) Un Home na Escuridade (2008). Tradución galega de Eva Almazán (2008, Galaxia) Invisible (2009). Tradución galega de Eva Almazán (2009, Galaxia) Sunset Park (2010). Tradución galega de Eva Almazán (2010, Galaxia) 4 3 2 1 (2017)
Poesía Disappearances: Selected Poems (1988)Ground Work (1990)Selected Poems (1998)Collected Poems (2004)
Guións de cineSmoke (1995)Blue in the Face (1995)Lulu on the Bridge (1998)The Center of the World (2001), (con Siri Hustvedt e Miranda July) A vida interior de Martin Frost (2006). Tradución galega de Eva Almazán (2007)In the Country of Last things (2007)
Ensaios, memorias e autobiografíasThe Art of Hunger (1982)The Invention of Solitude (1982)The Red Notebook (1995)Why Write (1996)Hand to Mouth (1997)Collected Prose: Autobiographical Writings, True Stories, Critical Essays, Prefaces, and Collaborations with Artists (2005) (inclúe The Invention of Solitude e Hand to Mouth)
EscolmasThe Random House Book of Twentieth-Century French Poetry (1982)True Tales of American Life (Publicado primeiramente co título I Thought My Father Was God, and Other True Tales from NPR's National History Project) (2001)
TraduciónsLife/Situations, de Jean-Paul Sartre,1977 (en colaboración con Lydia Davis)A Tomb for Anatole, de Stéphane Mallarmé (1983)Chronicle of the Guayaki Indians (1998) (tradución do ensaio etnográfico de Pierre Clastres Chronique des indiens Guayaki)The Notebooks of Joseph Joubert (2005)
MisceláneaThe Story of My Typewriter'' (2002)
Influencias
Nunha entrevista, a preguntas de Joseph Mallia, enumerou os escritores que lle influíron nos seus inicios como escritor, e a opinión que tiña sobre varios dos mesmos:
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas http://paul-auster.com
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Princesa de Asturias das Letras Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Tradutores do francés Categoría:Poetas en lingua inglesa Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Membros da Academia Estadounidense das Artes e das Letras Categoría:Ensaístas