Kārlis Balodis, nado no Pazo de Bilstiņu (parroquia de Koknese) o 20 de xuño de 1864 e finado en Riga o 13 de xaneiro de 1931, foi un economista, estatístico, demógrafo e político letón. Foi o autor do proxecto de planificación económica do Estado Palestino (1918), asesor económico do Ministerio de Guerra alemán, autor do sistema de tarxetas de racionalización de alimentos e o planificador dun plan de restauración de granxas alemás de posguerra baseado en cálculos estatísticos (1919). Un dos fundadores da Universidade de Letonia (1919), profesor da Facultade de Economía e Dereito e membro da Saeima (1928-1931) desde onde se especializou na planificación económica da independente República de Letonia."Kārlis Balodis"

Carreira Fillo de Miķeļis Balodis, ferreiro, Kārlis Balodis foi o máis novo de tres irmáns. Na infancia quedou orfo de pai e xunto coa súa nai Anna e os seus dous irmáns mudáronse á cidade de Riga onde viviron en condicións de pobreza. En 1833 consegue graduarse no Gymnasium de Jelgava, en 1888 graduase na Universidade de Tartu e é ordenado pastor luterano momento no cal emigra ao Brasil, onde desde 1889 a 1891 intenta establecer sen éxito colonias letoas"Kārlis Balodis". Entre 1891-1892 estuda xeografía na Universidade de Jena en Alemaña e defendeu a súa tese doutoral sobre o Estado de Santa Catarina no Brasil"Kārlis Balodis". Traballa como pastor luterano nos montes Urais, estuda economía en Múnic e Estrasburgo e comeza a investigar e a publicar sobre demografía e estatística. En 1898, en Alemaña, co alcume de Atlanticus, publica a súa obra máis importante Der Zukunftsstaat: Produktion und Konsum im Sozialstaat sobre a produción e o consumo no Estado Futuro, o Estado Socialista. A obra publícase tamén en ruso no ano 1906 en San Petersburgo.

En 1905, comeza a traballar como funcionario na Oficina de Estatística Prusiana, en 1908 como funcionario na Oficina do Tesouro do Imperio Alemán. En 1914 foi elixido profesor honorario da Universidade de Berlín. Na primavera de 1918, ao remate da primeira guerra mundial, convértese no presidente do Comité Alemán de Apoio a Palestina (Deutsches Komitee Pro Palästina zur Förderung der jüdischen Palästina-Siedlung) e autor do primeiro plan de construción económica do país. En 1919, K. Balodis traballa na Comisión de Socialización (Sozialisierungskommission) en nome do goberno alemán para organizar a subministración de alimento para o que propón un sistema de repartimento de tarxetas.

Balodis recibiu a Gran Medalla de Ouro pola Academia Rusa das Ciencias, así como o premio Dmitry Tolstoy. A Academia Letoa das Ciencias outorga cada dous anos, desde 1994, un premio a economistas co seu nome."Kārlis Balodis"

Publicacións Kārlis Balodis publicou maiormente en alemán e a miúdo baixo o alcume de Ballod-Atlanticus, recollendo a referencia de Atlanticus do libro Nova Atlántida (1627) do ensaísta inglés Francis Bacon.

Der Staat Santa Catharina in Südbrasilien. Stuttgart, 1892 Die Lebensfähigkeit der städtischen und ländlichen Bevölkerung. Leipzig, 1897 Der Zukunftsstaat. Produktion und Konsum im Sozialstaat. Stuttgart, 1898 Die mittlere Lebensdauer in Stadt und Land. Leipzig, 1899 Sterblichkeit und Lebensdauer in Preussen. Berlín, 1907 Grundriss der Statistik enthaltend Bevölkerungs-, Wirtschafts-, Finanz- und Handels-Statistik. Berlín, 1913 Die Bevölkerungsbewegung der letzten Jahrzehnte in Preussen und in einigen anderen wichtigen Staaten Europas. Berlín, 1914 Palästina als jüdisches Ansiedlungsgebiet. Comité Alemán de Apoio a Palestina, 1918 Latwijas isweidoschana: indiwidualà un sozialà Latwija. Treimans, 1919 Sowjet-Russland. Verlagsgesellschaft Freiheit, Berlín, 1920 L’Université de Latvie et l’histoire de sa fondation. Riga, 1922 Der Bankrott der freien Wirtschaft und die notwendigen Finanz- und Wirtschaftsreformen. Jena, 1923 Die „Nova Atlantis” des Bacon.Riga, 1926

Notas

Categoría:Científicos de Letonia Categoría:Nados en 1864 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Finados en 1931 Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua francesa