O ácido nonadecanoico ou ácido nonadecílico é un ácido graxo saturado de cadea lineal con 19 átomos de carbono coa fórmula molecular , que se simboliza como C19:0.
A temperatura ambiente é un sólido cristalino que funde a 69,4 °C.Pubchem. «NONADECANOIC ACID». pubchem.ncbi.nlm.nih.gov. [Consultado: 19 de outubro de 2018]. Como o resto dos ácidos graxos presenta polimorfismo, no caso dos ácidos de número impar de carbonos denomínanse A', B', C' e D'. A súa estrutura cristalina B' é triclínica, pertencendo ao grupo espacial P1, a súa cela unidade ten as arestas de lonxitudes: a = 5,553 Å, b = 7,987 Å e c = 44,612 Å; e os ángulos α = 92.10°, β = 93,05° e γ = 99.64°. O seu volume é de 1945,8 Å3 e contén dúas moléculas dispostas paralelamente, quedando a estrutura en zigzag dos carbonos perpendicular a dito plano. Fórmanse enlaces de hidróxeno entre os carboxilos de moléculas de celas adxacentes dispostas de forma invertida.GBABODE, G.; NEGRIER, P.; MONDIEIG, D.; LEGER, J. M; MORENO, E. Crystal Structure of the B′ Form of Nonadecanoic Acid. Analytical Sciences: X-ray Structure Analysis Online, 22, 2006, páx. x269–x270. DOI: 10.2116/analscix.22.x269. ISSN: 1348-2238. A súa densidade é 0,8771 g/cm3 e ten un índice de refracción de 1,4512 a 25 °C. É soluble en acetona, etanol quente, dietiléter e éter de petróleo.LipidBank - Fatty acid(DFA0019) . lipidbank.jp. [Consultado: 19 de outubro de 2018].
Probablemente deriva de fontes bacterianas ou vexetais. Atopouse en aceites vexetais. Tamén o utilizan certos insectos como feromona. O ácido n-nonadecanoico tense utilizado na lubricación de metais.
Notas
Categoría:Ácidos graxos