Pompeyo Beltrán Camús, nado en Cáceres e finado en Valladolid en 1915, foi catedrático de Agricultura e director do IES Otero Pedrayo de Ourense.

Traxectoria Estudou Farmacia na Universidade de Madrid, licenciándose en 1873. En 1878 decidiu adicarse á docencia e deu clases de Aritmética e Álxebra, Historia Natural e Agricultura en Plasencia. Tras opositarBoletín Oficial de la Provincia de Madrid nº 101, 28 de abril de 1891, páx. 7., en 1891, obtivo a cátedra de Agricultura no Instituto de Ourense, sendo tamén nese ano profesor de Física e Química da Escola de Artes e Oficios Provincial.

No ano 1910 foi nomeado director do Instituto, posto no que estaría ata o ano 1913. Despois dunha breve enfermidade, faleceu no ano 1915.

Recoñecementos Na súa memoria, a parte posterior do Instituto chámase Pompeo, xa que alí foi onde tivo o seu campo de traballo. Obra

Tratado elemental de industrias (1895)

Notas

Categoría:Nados en Cáceres Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1915 Categoría:Catedráticos Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público