María Xosé Justo Martín, nada en Verín o 1 de xullo de 1957 e finada en Santiago de Compostela o 16 de febreiro de 2022, foi unha arquiveira e escritora galega."Vivir no casco vello faiche perder ás veces a visión dos seus recantos", entrevista en La Voz de Galicia, 7-3-2009, p. L9.
Traxectoria Licenciada en Xeografía e Historia. En 1981 gañou as oposicións ao corpo de axudantes de Arquivos, Bibliotecas e Museos. Empezou a traballar na Biblioteca Xeral da USC. Foi directora do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en 1986. Dende 1987 foi directora do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidenta da sección de Arquivos Notariais do Consello Internacional de Arquivos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2022