Bóla de fogo (en ) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Howard Hawks e protagonizado por Gary Cooper e Barbara Stanwyck. Este filme de Samuel Goldwyn Productions (orixinalmente distribuído por RKO) conta a historia dun grupo de profesores que están a traballar nunha enciclopedia e a súa experiencia cunha artista dun club nocturno que lles proporciona o seu coñecemento único.
O resto do elenco inclúe a Oskar Homolka, S. Z. Sakall, Henry Travers, Richard Haydn, Dana Andrews e Dan Duryea. En 1948, o argumento foi recuperado para un filme musical, A Song Is Born, desta volta protagonizado por Danny Kaye e Virginia Mayo. O filme tamén é coñecido como The Professor and the Burlesque Queen. En 2016, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".
Estreouse en galego o 8 de decembro de 2001 a través da TVG.
Sinopse Grazas á doazón dun cuarto de millón de dólares, un grupo de profesores estrafalarios, todos solteiros agás un que é viúvo, traballan na elaboración dunha enciclopedia do saber humano. Cando o traballo se atopa nunha fase bastante avanzada, reciben a visita sorpresa da bailarina de cabaré "Sugarpuss" O'Shea (Barbara Stanwyck), requirida polo profesor Bertram Potts (Gary Cooper), que está a facer un estudo da xerga da rúa. Ela acepta formar parte do estudo mais en realidade está a esconderse da policía, que a busca para testificar en contra do seu futuro marido: o mafioso Joe Lilac (Dana Andrews). Todo iso failes reformularse o seu traballo ao darse de conta de que viven de costas ao mundo real.
Personaxes Gary Cooper como Profesor Bertram Potts Barbara Stanwyck como Katherine "Sugarpuss" O'Shea Oskar Homolka como Profesor Gurkakoff Henry Travers como Profesor Jerome S.Z. Sakall como Profesor Magenbruch Tully Marshall como Profesor Robinson Leonid Kinskey como Profesor Quintana Richard Haydn como Profesor Oddley Aubrey Mather como Profesor Peagram Dana Andrews como Joe Lilac Dan Duryea como Duke Pastrami Ralph Peters como Asthma Anderson Aldrich Bowker como Justice of the Peace Kathleen Howard como Miss Bragg Mary Field como Miss Totten Charles Lane como Larsen Charles Arnt como McNeary Elisha Cook como camareira Allen Jenkins como home do lixo Gene Krupa como orquestra
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Jewell, Richard B. RKO Radio Pictures: A Titan Is Born. Berkeley, California: University of California Press, 2012. . Madsen, Axel. Stanwyck: A Biography. Nova York: HarperCollins, 1994. . Smith, Ella. Starring Miss Barbara Stanwyck. Nova York: Random House. 1995. . Thomson, David. Gary Cooper (Great Stars). Nova York: Faber & Faber, 2010. . Wayne, Jane. Life and Loves of Barbara Stanwyck. Londres: JR Books Ltd., 2009. .
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1941 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Howard Hawks Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1941 con versión en galego