Rafiki é un filme kenyano de 2018 dirixido por Wanuri Kahiu. Inspirado na historia da escritora ugandesa Monica Arac de Nyeko "Jambula Tree", gañadora do premio Caine no 2007, Rafiki é a historia de amizade e de amor entre dúas rapazas, Kena e Ziki, no medio das presións familiares e políticas. O filme foi estreado internacionalmente na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes de 2018.

Personaxes Samantha Mugatsia como Kena Sheila Munyiva como Ziki Neville Misati como Blacksta Nini Wacera como Mercy Jimmy Gathu como John Mwaura Charlie Karumi como Waireri Muthoni Gathecha como Mama Atim Dennis Musyoka como Peter Okemi Patricia Amira como Rose Okemi Nice Githinji como Nduta Patricia Kihoro como Josephine Mellen Aura como Elizabeth

Prohibición Rafiki foi prohibido pola Kenya Film Classification Board (KFCB) "debido á súa temática homosexual e o claro intento de promover o lesbianismo en Kenya en contra da lei". A KFCB tamén advertiu de que calquera que fose descuberto en posesión do filme estaría a romper a lei en Kenya, onde o sexo homosexual está penado con 14 anos de cárcere. A prohibición provocou a indignación internacional entre os partidarios dos dereitos LGBT.

A directora do filme, Wanuri Kahiu, demandou ó goberno de Kenya para conseguir que o filme fose estreado nos cinemas e fose elixible como candidato de Kenya no Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios. O 21 de setembro de 2018, o Tribunal Supremo de Kenya levantou a prohibición do filme, permitindo que se proxectase no país durante sete días, cumprindo así os requisitos de elixibilidade. Despois de que a prohibición fose levantada, o filme foi mostrado a unha multitude con tódalas entradas vendidas nun cinema de Nairobi. Malia o cesamento da prohibición, non foi escollido como candidato de Kenya nos Oscar, sendo elixido Supa Modo no seu canto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes de Kenya Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Kenya