AgustaWestland (coa marca Leonardo Helicopters dende xaneiro de 2016) foi unha compañía de deseño e fabricación de helicópteros. Era unha subsidiaria da firma italiana Leonardo S.p.A. (anteriormente Finmeccanica). Formouse en xullo do ano 2000 como unha compañía multinacional anglo-italiana, cando Finmeccanica e GKN fusionaron as súas respectivas subsidiarias de helicópteros (Agusta e Westland Helicopters) para crear AgustaWestland, mantendo cada unha o 50% das accións. Finmeccanica marcou a participación de GKN en AgustaWestland en 2004.
Produtos
Westland Lynx - helicóptero militar fabricado baixo licenza. AgustaWestland AW109 - bimotor de oito asentos. AgustaWestland Apache - AH-64 Apache fabricado baixo licenza para o Exército británico. Agusta-Bell 412 - Bell 412 fabricado baixo licenza. PZL W-3 Sokół - utilitario bimotor. Agusta A129 Mangusta - helicóptero de ataque. AgustaWestland AW101 - trimotor. AgustaWestland AW119 Koala - AW109 monomotor con oito asentos. AgustaWestland AW109S Grand - AW109 alongado. NHIndustries NH90 - bimotor militar. PZL SW-4 - monomotor multipropósito. AgustaWestland CH-149 Cormorant - designación dos AW101 canadenses. AgustaWestland AW139 - bimotor de 15 asentos. AgustaWestland AW609 - tiltrotor. Lockheed Martin VH-71 Kestrel - variante VIP do AW101 cancelada realizada con Lockheed Martin e Bell Helicopter. TAI/AgustaWestland T-129 - desenvolvemento de A129 con TAI. AgustaWestland AW159 Wildcat - desenvolvemento do Lynx. AgustaWestland AW149 - helicóptero militar medio. AgustaWestland Project Zero - demostrador tiltrotor híbrido/fan-in-wing. AgustaWestland AW189 - bimotor. AgustaWestland AW169 - bimotor de 10 asentos. AgustaWestland AW249 - helicóptero de ataque substituto do A129.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da compañía
Categoría:Construtores aeronáuticos