O Aérospatiale SA 330 Puma é un helicóptero de transporte/utilitario mediano con catro palas. O Puma foi construído orixinalmente pola empresa francesa Sud Aviation e posteriormente pasou a ser producido por Aérospatiale. Tamén foi fabricado baixo licenza en Romanía como o IAR 330, e en Suráfrica producíronse dous derivados avanzados sen licenza, o Denel Rooivalk e o Atlas Oryx. O Puma foi un éxito comercial e rapidamente desenvolvéronse modelos máis avanzados como o AS332 Super Puma e o AS532 Cougar, fabricados por Eurocopter dende principios dos anos 90. Estes descendentes do Puma aínda seguen fabricándose no presente.

O Puma participou en combate en varios teatros operado por distintos países; entre as operacións máis significativas están a guerra do Golfo, a guerra da fronteira de Suráfrica, a guerra colonial portuguesa, as guerras iugoslavas, a guerra civil libanesa, a guerra de Iraq, e a guerra das Malvinas. O tipo tamén foi moi popular no servizo civil voando cunha gran cantidade de operadores.

Desenvolvemento O SA 330 Puma foi desenvolvido orixinalmente por Sud Aviation para cumprir un requirimento da Armada francesa para un helicóptero medio todotempo capaz de levar ata 20 soldados ademais de realizar varias tarefas de carga. Elixiuse facer un deseño completamente novo para o helicóptero e comezouse a traballar nel en 1963 coa axuda do goberno francés.McGowen 2005, p. 123 O primeiro dos dous prototipos do Puma voou o 15 de abril de 1965; tamén se construíron seis modelos de preprodución, o último deles voando o 30 de xullo de 1968. A primeira unidade de produción do SA 330 Puma voou por vez primeira en setembro de 1968, comezando as entregas á Armada a principios de 1969.Taylor 1976, p. 41

En 1967 o Puma foi seleccionado pola Royal Air Force (RAF), que quedou impresionada polo rendemento do aparello. Na RAF recibiu a designación Puma HC Mk 1. Asinouse un importante acordo de fabricación entre Aérospatiale e Westland Helicopters; a colaboración entre as dúas compañías tamén resultou nas posteriores compras do Aérospatiale Gazelle polo Reino Unido e do Westland Lynx por Francia. En virtude do acordo, Westland fabricou varios compoñentes para o Puma e ademais realizou a montaxe dos aparellos pedidos pola RAF.Lake 2001, pp. 97–98James 1991, pp. 485-486Frawley 1997, p. 13

O SA 330 foi un éxito no mercado de exportación, numerosos países mercaron variantes militares do Puma para servir nas súas forzas armadas; o tipo tamén foi popular no mercado civil, sendo moi usado para tarefas de transporte en plataformas petrolíferas.Green 1978, p. 70 Durante a maior parte dos anos 70 o SA 330 Puma foi o helicóptero de transporte producido en Europa máis vendido.Leishman 2006, p. 43 En xullo de 1978 xa foran entregados uns 50 Puma a clientes civís e toda a frota acumulara 500 000 horas de voo.

Romanía chegou a un acordo con Aérospatiale para producir o Puma baixo licenza como o IAR 330, fabricando polo menos 163 unidades para as forzas armadas do país, operadores civís e varios clientes de exportación.McGowen 2005, p. 124 Indonesia tamén fabricou localmente o SA 330. Suráfrica, un entusiasta usuario do modelo, realizou o seu gran propio programa de modificación e fabricación realizado pola empresa estatal Atlas Aircraft para mellorar os seus Puma, o aparello resultante foi chamado Oryx. Nos anos 90 Denel tamén desenvolvería un helicóptero de ataque para a Forza Aérea de Suráfrica baseado no Puma e coñecido como o Denel Rooivalk.

En 1974 Aérospatiale comezou a desenvolver variantes do Puma melloradas co obxectivo de producir un sucesor do modelo; eses esforzos culminaron no AS332 Super Puma. O primeiro prototipo do AS332 Super Puma voou o 15 de setembro de 1978 e contaba con motores máis potentes e unha fuselaxe ampliada máis aerodinámica e eficiente. En 1980 a produción do AS332 Super Puma superou ao do SA 330 Puma.McGowen 2005, p. 154 A fabricación do SA 330 Puma por parte de Aérospatiale rematou en 1987,Lake 2001, p. 100 e nese momento vendéranse 697 unidades;Taylor 1988, p. 57 a produción en Romanía continuou ata o século XXI.

Deseño O SA 330 Puma é un helicóptero bimotor planeado para tarefas de transporte de persoal e de apoio loxístico. Como transporte de topas pode levar ata 16 soldados en asentos pregables; na configuración de evacuación de baixas a cabina pode ter seis padiolas e espazo para catro persoas máis; o Puma tamén pode realizar tarefas de transporte de carga usando tanto o espazo interno como unha eslinga externa, cun peso máximo de 2 500 kg. Os Puma civís contan con distintas configuracións de cabina para pasaxeiros, incluídas aquelas para realizar servizos VIP. En operacións de busca e rescate adoita a instalarse un montacargas, normalmente montado no lado de estribor da fuselaxe.Neal 1970, pp. 814-815

O rotor principal de catro palas do Puma está impulsado por un par de motores turboeixo Turbomeca Turmo montados no teito. Os rotores do helicóptero son conducidos a unha velocidade de aproximadamente 265 rpm a través dunha transmisión de cinco etapas de redución. O deseño da transmisión conta con varias características únicas e pouco comúns para a época, como a fabricación nunha soa peza do eixo do rotor e as medidas antivibración integradas na transmisión principal e nas palas do rotor principal.Neal 1970, pp. 814-817 O Puma tamén conta cun sistema automático de inspección das palas, que protexía e alertaba ás tripulacións das roturas por fatiga nas palas do rotor. Hai dous sistemas hidráulicos a bordo que operan de xeito completamente independente, un sistema dá potencia só aos controis de voo do helicóptero, mentres que o outro serve ao piloto automático, ao tren de aterraxe, ao freo do rotor e aos controis de voo.Neal 1970, p. 817

En voo o Puma foi deseñado para acadar altas velocidades, exhibir gran manobrabilidade, e ter un bo rendemento en ambientes cálidos e altos; os motores teñen un alto nivel de potencia de reserva intencionada para permitir ao helicóptero voar efectivamente ao seu máximo peso cun só un motor en funcionamento e continuar coa súa misión se as circunstancias o require.Neal 1970, p. 814 A cabina de mando ten controis duais convencionais para piloto e copiloto, e proporciónase un terceiro asento para un membro de reserva da tripulación ou un mando. O Puma conta cun piloto automático electrohidráulico SFIM-Newmark Type 127.Neal 1970, p. 815

O Puma é facilmente transportable en avións como o Transall C-160 e o Lockheed C-130 Hercules; o rotor principal, o tren de aterraxe e a pluma de cola son desmontables para ocupar menos espazo. A facilidade de mantemento foi un dos obxectivos perseguidos no deseño do Puma; moitos dos compoñentes e sistemas que requirirían inspeccións rutineiras foron situados para que estivesen visibles a nivel do chan, o uso de compoñentes cunha vida limitada minimizouse, e as áreas clave dos sistemas mecánicos foron deseñadas para poder acceder a elas facilmente. O Puma tamén é capaz de operar de noite, en condicións inhóspitas de voo, ou nunha ampla gama de climas desde o Ártico ata o deserto.

Aínda que non se incluíron durante a produción orixinal, numerosos operadores de Puma instalaron características adicionais e equipo moderno durante a vida útil do aparello. A RAF equipou á súa frota de Puma con equipo de navegación GPS, xunto cunha variedade de medidas de autodefensa que inclúen bloqueadores de infravermellos, dispensadores automáticos de bengalas e lentes de visión nocturna para voos nocturnos. A Aviación Lixeira do Exército francés modernizo os seus Puma para cumprir as normas da Organización de Aviación Civil Internacional, o que implicaba sistemas dixitais adicionais. Compañías de terceiros como a surafricana Thunder City proporcionaron extensións de vida e programas de modernización para o Puma, e algúns operadores elixiron renovar as súas frotas con cabinas de cristal.

Historial operacional

Arxentina Durante a guerra das Malvinas en 1982, cinco SA 330 Puma do Exército arxentino e un da Garda Costeira arxentina foron despregados no teatro de operacións; estes podían operar tanto dende as cubertas dos buques da Armada como realizar misións ao longo das illas. Os seus aparellos perderíanse durante o conflito.Smith 2006, pp. 23-24, 38 O 3 de abril, mentres despregaba tropas arxentinas como parte da captura de South Georgia, un Puma foi gravemente danado por armas lixeiras disparadas polas forzas de terra británicas e esnafrouse pouco despois.Smith 2006, pp. 16-17 O 9 de maio un Puma foi destruído por un mísil Sea Dart lanzado dende o HMS Coventry.Smith 2006, p. 122 O 23 de maio un par de Sea Harrier da Royal Navy interceptaron tres Puma no medio dunha misión de subministración a Port Howard; durante o enfrontamento un Puma foi destruído ao chocar contra o terro e un segundo foi incapacitado e posteriormente destruído polo canón dun dos Sea Harrier, o terceiro Puma escapou.Smith 2006, pp. 82, 123 O 30 de maio un Puma perdeuse na veciñanza de Mount Kent baixo circunstancias descoñecidas, probablemente debido a fogo amigo.Smith 2006, p. 124

Francia En setembro de 1979 empregáronse catro Puma durante a Operación Barracuda para transportar a un equipo de asalto francés á sede do goberno do Imperio Centroafricano; estes extraerían rapidamente valioso material diplomático e político á próxima embaixada francesa.Titley 1997, p. 136

Un uso distintivo do Puma no servizo francés foi como transporte VIP para transportar ao presidente do país tanto en misións diplomáticas domésticas como no estranxeiro; esas tarefas pasou a realizalas o máis grande AS332 Super Puma cando estivo dispoñible en cantidades suficientes.Titley 1997, p. 71Ripley 2010, pp. 56, 60, 81-82 miniatura|260x260px|Puma francés durante a guerra do Golfo Durante a guerra do Golfo en 1991 Francia optou por enviar varios Puma para apoiar as forzas da coalición implicadas nun conflito con Saddam Hussein, presidente de Iraq. Eses Puma asignados a tarefas de busca e rescate de combate foron rapidamente equipados con receptores GPS para mellorar as súas capacidades de navegación.

Como parte da contribución francesa á intervención liderada pola OTAN nas guerras iugoslavas nos anos 90, varios Puma franceses operaron na rexión xunto a aparellos doutros países como Reino Unido e Emiratos Árabes Unidos; unha misión frecuente do modelo era a de proporcionar axuda humanitaria aos refuxiados que escapaban do xenocidio étnico.Ripley 2010, pp. 56, 60, 81-82 En abril de 1994 un Puma francés realizou unha extracción nocturna dun pelotón do SAS británico e dun piloto dun Sea Harrier derrubado dende o territorio hostil bosníaco, sendo disparado por armas lixeiras mentres se retiraba.

O 19 de xuño de 1999 unha única inserción aérea coordinada de dúas compañías de paracaidistas franceses foi realizada por 20 Puma, axudando a encabezar o rápido afianzamento de Kosovska Mitrovica polas forzas terrestres da OTAN.Ripley 2010, pp. 77-78

En 2010, tanto o Exército como a Armada francesa optaron por facerse con diferentes variantes do NHIndustries NH90 para substituír os Puma no servizo militar francés.

No ano 2016 a Forza Aérea de Francia aínda tiña 20 SA 330 Puma en servizo. Dous Puma do Escadron d'Hélicoptères 1/67 'Pyrénées (EH 1/60) foron despregados no Chad e Níxer dende xuño de 2014 como parte da Operación Barkhane para loitar contra a insurxencia islámica na rexión do Sahel. Inicialmente operaron dende Xamena no Chad, pero posteriormente o destacamento trasladouse cara Dirkou e Madama en Nixer, apoiando ás tropas terrestres e interceptando as rutas de subministración dos insurxentes. O destacamento regresou a Francia en setembro de 2015, sendo relevado por helicópteros do Exército francés.

Líbano