Wajdi Mouawad (en ), nado en Beirut o 16 de outubro de 1968, é un escritor, actor e director de teatro canadense.
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia libanesa cristiá-maronita. Os seus pais fuxiron do Líbano a París, Francia, en 1977 por mor dos conflitos civís que arrasaron o país até a década de 1990. Cinco anos máis tarde, en 1983, estabelecéronse no Quebec. Diplomouse en 1991 pola Escola Nacional de Teatro do Canadá. De 2000 a 2004, dirixiu o Teatro de Quat'Sous de Montreal e, en 2005, fundou as compañías de creación "Au carré de l'hypoténuse", en Francia, e "Abé carré cé carré" en Montreal con Emmanuel Schwartz.
Alcanzou renome internacional tralo éxito da súa tetraloxía Le sang des promesses (Forêts, Littoral, Incendies, Ciels), escrita e dirixida por el.
En 2009, foi o artista asociado do Festival de Avignon e recibiu o Gran premio do teatro da Academia francesa polo conxunto da súa obra dramática. De 2007 a 2012 foi director artístico do Teatro Francés do National Arts Center (NAC) (en inglés) ou Centre National des Arts (CNA) (en francés) de Ottawa.Canada's National Arts Center, Media Zone, 19 de abril de 2011. Acceso 10-12-2013 (en inglés). Naqueles anos, foi asociado do Espace Malraux de Chambéry (Francia) coa súa compañía francesa, Au carré de l’hypoténuse, creada en 2005 á vez que a súa compañía quebequesa, Abé Carré Cé Carré. Foi artista asociado do teatro Le Grand T de Nantes (Francia) a partir de 2012, e dende abril de 2016 é o director do teatro nacional da Colline, en París.Pour Wajdi Mouawad, l’exil s’arrête à Paris, Brigitte Salino, Le Monde, 6 de abril de 2016. Consultado o 2 de xullo de 2017.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Beirut Categoría:Escritores do Canadá Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Actores de teatro do Canadá Categoría:Directores de teatro do Canadá