Sikorsky R-4 é un helicóptero de dous asentos deseñado por Igor Sikorsky cun único rotor de tres palas impulsado por un motor radial. O R-4 foi o primeiro helicóptero do mundo producido a grande escala e o primeiro usado polas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos, a Armada dos Estados Unidos, a Gardia Costeira dos Estados Unidos, e as Royal Air Force e Royal Navy británicas. No servizo da Armada e a Garda Costeira estadounidenses o helicóptero foi coñecido como Sikorsky HNS-1. No servizo británico foi coñecido como Hoverfly.

Desenvolvemento O VS-316 desenvolveuse a partir do famoso helicóptero experimental VS-300, inventado por Igor Sikorsky e amosado publicamente en 1940. O VS-316 foi redesignado XR-4, segundo a nomenclatura para helicópteros das forzas armadas estadounidenses. O XR-4 realizou o seu primeiro voo o 14 de xaneiro de 1942Gunston 2005, p. 88Mondey 2005, p. 29 e foi aceptado polo Exército o 30 de maio. O XR-4 superou todos os récords previos de resistencia, altitude e velocidade. O XR-4 completou un voo de 1 225 km cruzando o país dende Connecticut ata Wright Field, Ohio, establecendo un récord de altura de servizo de 3 700 m, mentres alcanzaba as 100 horas de voo sen ningún incidente grave e achegándose a unha velocidade de 140 km/h.McGowen 2005, p. 29

O Almirantado británico, ao coñecer a existencia do VS-300, puxo a disposición un buque coa intención de amosar á Armada estadounidense o seu traballo con autoxiros e operacións de navíos. O Empire Mersey foi equipado cunha plataforma de aterraxe de 24 m × 12 m. Despois de ser afundido en 1942 por un U-boat foi substituído polo SS Daghestan.Cocker 2008, p. 114 As primeiras probas de aterraxe no Daghestan realizáronse en 1944. Os británicos recibiron dous dos oito primeiros helicópteros construídos.

O 5 de xaneiro de 1943 as Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos pediron 29 prototipos. Os tres primeiros foron designados YR-4A e usados para probas de avaliación. O YR-4A beneficiouse dun motor máis grande Warner Super Scarab (R-550-1) de 180 CV, comparados cos 165 CV do motor R-500-3 do prototipo, e dun diámetro de rotor incrementado en 30 cm. A avaliación do YR-4A demostrou a necesidade de máis melloras, como mover a roda de cola para a parte traseira da pluma, poñer o escape cara a un lado en vez de cara a abaixo e incrementar a capacidade de combustible. Eses e outros cambios de deseño fixeron que os últimos prototipos se designasen YR-4B, os cales se usaron para probas de servizo e voos de adestramento.

Notas

Bibliografía Cocker, Maurice. Aircraft-Carrying Ships of the Royal Navy. Stroud, Gloucestershire, UK: The History Press, 2008 .

McGowen, Stanley S. Helicopters: An Illustrated History of Their Impact (Weapons and Warfare Series). Santa Barbara, CA: ABC-CLIO, 2005. .

Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves de Sikorsky Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1942