Juan Rovira Tarazona, nado en Lleida o 5 de maio de 1930 e finado o 3 de xuño de 1990, foi un xurista e político español.
Traxectoria Fillo do que foi alcalde de Lleida e deputado pola Lliga Regionalista, asasinado o comezo da guerra civil española, Joan Rovira i Roure. Licenciado en Económicas e Dereito pola Universidade de Madrid, gañou por oposición a praza de avogado do Estado. Durante o franquismo ocupou cargos de importancia no Ministerio de Facenda, chegando a subsecretario desde 1971 a 1973. Fundou o partido político Acción Rexional Estremeña que se integraría máis tarde na Unión de Centro Democrático. Foi elixido deputado polas listas deste último partido para o Congreso dos Deputados en 1977 e mantivo a reelección até 1982 cando a formación política se desintegrou. Máis tarde integrouse na entón Alianza Popular da man de Manuel Fraga, sendo elixido de novo deputado pola Circunscrición electoral de Alacant na III Lexislatura.
Na I Lexislatura despois de aprobada a Constitución Española, foi nomeado Ministro de Sanidade e Seguridade Social por Adolfo Suárez, destacando que regulou a doazón para transplante de órganos por vez primeira en España. Cesado en 1980, pasou a ser Delegado do Goberno en Cataluña.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web do Congreso dos Deputados
Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Lleida Categoría:Políticos de Estremadura Categoría:Políticos de UCD Categoría:Ministros de Sanidade de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Ministros do Goberno de España da I Lexislatura