Elvira Méndez de Melanda, finada o 2 de decembro de 1022, foi raíña consorte do rei Afonso V, o Nobre.
Traxectoria miniatura|esquerda|Elvira e o seu home Afonso V no Corpus Pelagianum. Elvira foi unha das fillas do conde Menendo II Gundisalviz e a condesa Maior. O seu pai, fillo do conde Gonzalo Menendiz dux magnus de Portugal, foi, xunto coa raíña Elvira García, rexente e titor do rei Afonso V o Nobre con quen Elvira contraeu matrimonio.
Finou o 2 de decembro de 1022 e recibiu sepultura no panteón de reis de Santo Isidoro de León. O sepulcro de pedra no que foi depositado o corpo da raíña consérvase no presente. Na súa cuberta aparece a seguinte inscrición latina:
Familia Do seu matrimonio co rei Afonso V en 1015 naceron dous fillos:
Vermudo III (1017-1037). Sucedeu ó seu pai no trono. Sancha I de Galicia (1016-1067). Contraeu matrimonio co rei Fernando I de León.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Finados en 1022 Categoría:Nados en ano descoñecido