Pablo Alejandro Mosquera Mata, nado en Lugo o 29 de xuño de 1947,, é un médico de familia e especialista en Medicina do Traballo, político e escritor galego, máis coñecido como Bígaro. Alumno de Francisco Rivera Casás, e logo Licenciado en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid, foi cofundador en 1989 de partido Unidad Alavesa, co obxectivo da creación dunha comunidade autónoma foral para a provincia de Áraba, de xeito semellante a Navarra. Activista cultural, ten escrito unha decena de libros e moitos artigos, que se suman ós publicados sobre temas médicos.
Traxectoria Ós sete anos entrou na escola de Rivera Casás en S. Cibrao, e logo estudou o bacharel no instituto en Lugo (actual IES Lucus Augusti) e Santiago (Xelmírez). Titulado na Universidade Complutense de Madrid no 1972, especializouse en Medicina Interna e Medicina do Traballo na Universidade de Barcelona. Obtivo en 1975 praza de Inspector Médico no Instituto Nacional de Previsión (INP). Foi destinado ó hospital Vall d'Hebrón de Barcelona. No 1976 participou na creación do hospital de Txagorritxu, en Vitoria. Na súa carreira profesional especializouse na dirección de hospitais, riscos laborais e saúde laboral.
Segundo a súa propia idea, a política entremeteuse na súa vida de médico: afiliado a Alianza Popular, obtivo un escano no Parlamento Vasco (22/03/1984 - 01/10/1986, II lexislatura, e 21/11/1989 - 06/02/1990, III lexislatura) . Coa constitución de Unidad Alavesa en 1989, ocupou escano por este partido na III lexislatura da cámara (06/02/1990 - 03/09/1990), V (30/11/1994 - 01/09/1998), VI (25/11/1998 - 20/03/2001) e VII (12.06.2001 - 23/10/2001), sendo candidato a Lehendakari. No 1999, por un acordo co Partido Popular, asume o cargo de Deputado de Xuventude e Deporte da Deputación Foral de Áraba. Asemade, foi parlamentario foral en tres lexislaturas, e membro da mesa de Ajuria Enea durante dez anos. No 2002, decide deixar Vitoria e dimitir das súas responsabilidades políticas, para dirixir a xestión do hospital de Burela. Comeza entón a colaborar en medios galegos, tanto con artigos como en tertulias, e a destacarse como activista cultural no que considera "provincia de Mondoñedo".
Profesionalmente, amais de ter sido director e xerente de hospitais en Barcelona, Vitoria, Burgos, Tenerife, Xirona, Burela e Xarrio (Asturias), ten realizado máis de 150 publicacións en materia de Saúde Publica.
Membro de diversas asociacións culturais e deportivas, despois do seu retiro prosegue con ditas actividades, tanto de activista pola súa pertenza a asociacións como Os Aventados, da que foi fundador, como de escritor ou articulista. Asemade, ten pregoado nas festas patronais de San Cibrao, Cervo, Santa María de Rúa e outros lugares.
Obra dereita|miniatura|Presentación do libro Senderos para el viajero de Pablo Mosquera (á dereita) en Ribadeo.
Libros
Entre la mar y el viento Caminando entre faros Entre líneas (2005) Historias de nunca jamás (2010) Recunchos do porto Entre hospitales Senderos para el viajero (2010) A Maruxaina e outras sereas (con Paco Rivas e Otero Regal, 2016) Islas San Cyprianus: orgullo y patrimonio (2018)
Artigos de opinión Ten publicado ó longo dos anos en diversos medios, dende "La Tribuna del País Vasco" a "La Voz de Galicia", "El Progreso", "El Heraldo de Viveiro", "Galicia Dixital',''Crónica 3" ou "Ribadeando".
Radio Tertuliano en Radio Voz
Artigos sobre saúde públicaComunicación por correo electrónico polo mesmo autor (05/11/2018).
Problemas y soluciones para el fenómeno demográfico integrado e integral del envejecimiento poblacional. Problemas y soluciones para los problemas de toda índole en el consumo y muy en especial de las nuevas adicciones. Juego, Máquinas, Compras, Consolas, Telefonía móvil, Internet... Problemas y soluciones a las patologías de la práctica deportiva como actividad conocida como vigorexia. Problemas y soluciones relacionados con toda suerte de siniestros y accidentes. Problemas y soluciones relacionados con la llegada de nuevas y viejas enfermedades infectocontagiosos, relacionadas con los movimientos migratorios. Problemas y soluciones relacionadas con las denominadas drogadicciones, desde tabaco y alcohol, hasta otro tipo de sustancias naturales o de diseño. Problemas y soluciones relacionadas con la contaminación y sus efectos en la salud individual y colectiva. La pobreza como problema socio sanitario.
Premios e recoñecementos Lucense do ano (2002)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha de Pablo Mosquera na páxina electrónica do Parlamento vasco . Ficha periodística de Mosquera como candidato á presidencia do Goberno vasco Dimisión dos seus cargos políticos Vitoria, 1976 (pequena autorevisión do seu paso pola política vasca) Artigos na Voz de Galicia Artigos na Tribuna del País Vasco Artigos en Galicia Dixital Artigos en Ribadeando
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1947 Categoría:Políticos de AP Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Galegos do País Vasco