The Great Wall (en ; pinyin: Cháng chéng) é un filme de 2016 dirixido por Zhang Yimou, cun guión de Carlo Bernard, Doug Miro e Tony Gilroy, a partir dunha historia de Max Brooks, Edward Zwick e Marshall Herskovitz. É unha coprodución entre os Estados Unidos, a China e o Xapón, e está protagonizada por Matt Damon, Jing Tian, Pedro Pascal, Willem Dafoe e Andy Lau. É o primeiro filme dirixido por Zhang en lingua inglesa.
A fotografía principal do filme comezou o 30 de marzo de 2015 en Qingdao, na China, e estreouse en Pequín o 6 de decembro de 2016. Foi estreado por China Film Group na China o 16 de decembro de 2016, e nos Estados Unidos o 17 de febreiro de 2017 por Universal Pictures. O filme recibiu críticas dispares, que declararon que "sacrifica unha grande historia por grande acción," e recadou $334 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de $150 millóns.
Personaxes Matt Damon como William Garin, un mercenario europeo. Jing Tian como Comandante Lin Mae, a líder da división Grúa. Pedro Pascal como Pero Tovar, un mercenario europeo. Willem Dafoe como Sir Ballard, un aventureiro europeo na China. Andy Lau como Estratego Wang, o estratego e o conselleiro de guerra da Orde Sen Nome. Zhang Hanyu como Xeneral Shao, o líder da División Oso e Xeneral da Orde Sen Nome. Lu Han como Peng Yong, un soldado da división Oso. Eddie Peng como Comandante Wu, xefe da división Tigre. Kenny Lin como Commander Chen, xefe da división Aguia. Karry Wang como Emperador Zheng Kai como Shen Huang Xuan como Comandante Deng, xefe da división Cervo. Cheney Chen como Comandante da Garda Imperial
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 2016 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Zhang Yimou Categoría:Filmes sobre dragóns Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados na dinastía Song Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX